Os nenos e nenas de primeiro e segundo achegáronse á programación por bloques mediante a aplicación Scratch JR. Esta app permite dun xeito moi intuitivo e lúdico iniciarse no mundo da programación, aspecto tan importante no tempo no que vivimos. Ademais diso, traballaron de xeito cooperativo, tomando decisións e colaborando para aprender xuntos.
venres, 3 de maio de 2024
xoves, 2 de maio de 2024
CONTACONTOS SABELA GAGO
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca, un contacontos da man da marabillosa Sabela Gago. Os nenos de primeiro, segundo e terceiro non só desfrutaron das historias, se non que participaron activamente delas.
mércores, 24 de abril de 2024
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO
Hoxe, conmemorando o Día Mundial do Libro, que se celebrou onte, desplazámonos todos ata a Casa de Cultura para ver un espectáculo da Maga Sargantana. Os nenos e as nenas pasárono moi ben, especialmente os máis peques. Moi agradecidos ao Concello de Quiroga por programar estas actividades culturais en horario lectivo para que os podan desfrutar todos os nenos e as nenas.
Premer na imaxe para ver as fotos:
martes, 16 de abril de 2024
OBRADOIRO SOBRE A PREHISTORIA. ED. INFANTIL
O martes, 16, o alumnado de infantil tivo o gran pracer de escoitar a Ramón Vila, quen os transportou á prehistoria contándolles como eran os utensilios que empregaban, como pintaban e como iluminaban as covas. Pasárono moi ben e aprenderon moito!
Premer na imaxe para ver as fotos da actividade:
ROTEIRO LITERARIO. 5ª E 6ª DE EP. DÍA DO LIBRO.
Durante toda a mañá do luns, 15 de abril, o alumnado de 5° e 6° de primaria realizou un Roteiro Literario por diferentes rúas e prazas de Quiroga achegándose ata a igrexa de Hospital. Ao longo do percorrido as rapazas e rapaces foron recitando unha escolma de poemas de diferentes escritoras e escritores quirogueses e doutros que tiveron relación con estas fermosas terras.
venres, 12 de abril de 2024
VISITA A PISCILOR E A MARGARIDE
Coa chegada da primavera e do bo tempo, o alumnado de primeiro e segundo puido facer por fin a excursión prevista para o primeiro trimestre.










