sábado, 30 de abril de 2022
ANDAINA POLO CAMIÑO DE INVERNO. 3º E 4º DE EP
venres, 29 de abril de 2022
OBRADOIRO DE ROBÓTICA
martes, 26 de abril de 2022
CONTANDO CONTOS AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE
Na semana do Día do Libro, alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria contaron contos aos máis pequenos do colexio. Tanto nas súas aulas como na biblioteca os maiores foron uns estupendos contacontos que fixeron as delicias dos máis pequenos.
DÍA DO LIBRO
Conmemoramos o Día do Libro cunha actividade para o programa INCLÚE-T. O alumnado de 5º e sexto adaptaron o libro infantil "Catro esquiniñas" a Braille.
domingo, 24 de abril de 2022
ENLACES DE INTERESE PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO
Curiosidades para conmemorar o Día do Libro:
https://youtu.be/nT0Xd2d1Qo4
Canción para o Día do libro
https://youtu.be/BCsUYlmmN90
O incrible neno comelibros
https://youtu.be/f7ZFCSCtfuk
O mellor corto do mundo para fomentar a lectura:
https://youtu.be/IQr3DXXvPd0
Día do libro 2020. CEIP de Quiroga
https://youtu.be/_MyQ_JmHG9s
venres, 22 de abril de 2022
VISITA Á RIBEIRA SACRA
O alumnado de 6º de primaria, acompañado polos mestres Sara e Javier e pola guía Marta, visitaron a Ribeira Sacra: o encoro de Belesar, o Eco-museo e o Castro de Arxeriz e o impresionante meandro do río Miño “ O cabo do Mundo”. Foi unha xornada moi produtiva na que aprenderon moito sobre a paisaxe e a etnografía da Ribeira Sacra.
Para ver todas as fotos preme na imaxe:
luns, 18 de abril de 2022
mércores, 6 de abril de 2022
COÑECEMOS A FLORA DO PASEO FLUVIAL. 1º E 2º DE EP
O alumnado de 1° e 2° saíron hoxe a visitar o paseo Fluvial do río Quiroga para facer unha actividade de recoñecemento e recolleita da flora da nosa contorna. Foi un día de desfrute ao aire libre para o profesorado e o alumnado.
Premer na imaxe para ver as fotos da actividade:
luns, 4 de abril de 2022
VISITA Á BIBLIOTECA DE ESTEFANÍA PADULLÉS
venres, 1 de abril de 2022
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA
Conmemoramos o Día da poesía elaborando poemas acrósticos nas clases cos lugares máis representativos do noso concello. Así traballamos a poesía e o PDI: Quiroga na Ribeira Sacra.