Día internacional pola eliminación da violencia contra ás mulleres.
Á violencia non a deixes pasar.
Hoxe, 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara as mulleres, visitounos na biblioteca do colexio Patricia González Vidal, traballadora social do concello de Sober, que presentou ao alumnado de quinto e sexto de primaria, o proxecto INMARCESIBLES. Actividade a prol da igualdade e que pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa os cánones de beleza socialmente establecidos.
Todos os recreos de luns a venres a biblioteca permanece aberta ao alumnado para xogos de mesa, lectura, acceso a internet ...
Recreos “molones” na biblioteca escolar. Divertímonos e aprendemos!!