venres, 24 de febreiro de 2023

FAUNA DOS RÍOS DE QUIROGA

Comezamos este segundo trimestre no 2º ciclo, a profundizar no coñecemento dos ríos do noso concello e a súa fauna.
Partindo da infografía elaborada no 3º e 4º nivel, onde aparecen reflectidos os principais animais que poboan os nosos ríos, o alumnado elaborou debuxos dos mesmos para ir complentando o mural do PDI deste curso.
A partires destes debuxos, os compañeiros de 5º e 6º de EP, elaborarán os códigos QR que conterán a información detallada de cada un




deles.

xoves, 23 de febreiro de 2023

ENTROIDO: MANDADOS DA XACIA

 Comezamos o Entroido. Este ano é unha xacia do río quen nos dá as consignas diarias. A xacia foi elaborada por todos os cursos do cole. Quedou ben guapa!




 


mércores, 1 de febreiro de 2023

INFOGRAFIAS MURAL PROXECTO TERRA DE RÍOS





 Os nenos e nenas de 5º e 6º de EP estiveron investigandosobre a fauna dos ríos de Quiroga para despois elaborar infgrafías. Ademais de aprender sobre a contorna, adentráronse no uso de novas aplicacións como Canva. Aquí tedes unha mostra dalgunhas delas, que med
iante un código QR formarán parte do mural colaborativo do cole: Quiroga, terra de ríos.















OBRADOIRO DE LETTERING E MURAL DA PAZ

 A semana do 23 ao 27 de xaneiro, tivo lugar na biblioteca do colexio un obradoiro de lettering coordinado por Pili, mestra encargada da biblioteca e Jeni, mestra coordinadora do EDLG. Con este obradoiro elaboráronse as follas de oliveira con palabras coa temática da paz, que posteriormente penduraron da oliveira que formaba parte do mural do Día da Paz, no que participaron todos os nenos e nenas do centro