Hoxe estiveron na biblioteca do colexio, María e Bebe, da ONG “Miradas al mundo” coa que o colexio colaborou varios anos cun mercadiño solidario que organizábamos o 25 de maio “Día de África” e que tivemos que interromper a causa da pandemia. María e Bebe ensinaron ao alumnado do colexio a dura vida dos nenos e nenas de Guinea Bissau. Tamén tiveron ocasión de falar con eses nenos e nenas de África por medio de videoconferencia. Terminou a mañá bailando ritmos africanos con Bebe, todos xunta no patio do colexio. Foi unha experiencia inesquecible.
luns, 23 de xaneiro de 2023
ACTIVIDADE DE INCLUSIÓN COA ONG "Miradas al Mundo"
martes, 17 de xaneiro de 2023
O ALUMNADO DO IES VISITA A NOSA BIBLIOTECA
O luns, día 16, estiveron na biblioteca do colexio un grupo de alumnas e alumnos de primeiro e segundo da ESO do IES de Quiroga facendo diferentes experimentos para todo o alumnado do CEIP. Por grupos, desde infantil a primaria, o alumnado observou con moito interese esta demostración. Sen dúbida unha experiencia moi positiva de colaboración entre os dous centros.
venres, 13 de xaneiro de 2023
VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NA BIBLIOTECA
As alumnas e os alumnos de 5º e 6º de primaria comezaron hoxe o voluntariado na biblioteca. Por equipos farán gardas de recreo na mesma, cun labor de axudar e mantela orde, asi como ocuparse de que todos deixen os xogos ou libros no seu sitio.
xoves, 12 de xaneiro de 2023
LANZAMOS AS BOMBAS DE SEMENTE NO XEOPARQUE
Unha vez que aprendemos a técnica da elaboración de bombas de semente,
tocaba revexetar parte dos terreos do noso xeoparque que foran afectados
polo gran incendio do verán pasado. Aquí unha pequena mostra do
alumnado de 3ª de primaria e as zonas elixidas para lanzar as bombas de
semente confeccionadas con arxila seca . No seu interior gardaban
sementes de toxo, xesta e trebo.
Moitas grazas á Asociación do Xeoparque Montañas do Courel por este interesantísimo obradoiro.
martes, 10 de xaneiro de 2023
AS NAIS CONTAN CONTOS
Esta semana tivemos na biblioteca a visita de Fani, nai de Valeria, quen contou un conto aos nenos e nenas de educación infantil. Foi unha bonita experiencia, que os máis pequenos do cole disfrutaron moito, especialmente Valeria. Animamos a todos os papis e mamis a vir ao cole!