O pasado venres 18, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou nun divertido e creativo obradoiro de elaboración de pasatempos, impartido pola escritora Celia Díaz Núñez.
Ao longo da actividade, as nenas e os nenos puxeron a proba a súa imaxinación, creatividade e coñecementos para crear os seus propios pasatempos, ao tempo que gozaron da lingua galega dunha maneira lúdica e participativa.
A actividade foi organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, ao que agradecemos esta iniciativa e a oportunidade de achegar o alumnado á creación literaria e ao uso do galego.
Moitas grazas, Celia, por compartir connosco a túa creatividade!


