luns, 20 de decembro de 2021
venres, 17 de decembro de 2021
MURAL: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA
O alumnado do colexio aprende a ubicar Quiroga dentro da extensa comarca da Ribeira Sacra, a través deste gran mural que colgamos no descanso das escaleiras de acceso ao 1º andar.
xoves, 16 de decembro de 2021
PODCAST: TERROR NA RIBEIRA SACRA
Hoxe presentámosvos un podcast realizado con contos terroríficos que ocorren en espazos da Ribeira Sacra e que foron creados polo alumnado.
mércores, 15 de decembro de 2021
COÑECENDO AS ÁRBORES DA RIBEIRA SACRA
Descubrir, coñecer, investigar, valorar a nosa contorna:
QUIROGA NA RIBEIRA SACRA.
Este é o título do PDI do noso colexio que nos serve para coñecer mellor e identificar gran variedade de árbores dos bosques que nos arrodean, tanto de fraga coma de devesa.
O alumnado de 3º e 4º de primaria comezamos facendo unha investigación sobre o tipo de árbores que poboan os nosos bosques e repartímolos para o seu estudo. Elaboramos unha ficha coas características principais, o seu aproveitamento e usos e curiosidades desas árbores. Tamén realizamos unha saída de campo para observalas e diferencialas. E, por último, compuxemos un lapbook cos nosos traballos, como resumo da nosa investigación.
martes, 7 de decembro de 2021
ADIVIÑAS DO OUTONO
As nenas e os nenos dos cursos de primaria recompilaron adiviñas do outono, logo foron expostas en dúas das árbores máis características da nosa contorna: o castiñeiro e o carballo.
mércores, 1 de decembro de 2021
25N DESEÑOS 3D
O alumnado de 5º volveu a poñerse mans á obra coa impresión 3D, esta vez con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Fixeron os seus deseños en Tinkercad. Aquí tedes o resultado!