xoves, 27 de febreiro de 2020
VOLUNTARIADO BIBLIO-PATIO
Co comezo do bo tempo empeza a funcionar na nosa biblioteca o servizo de biblio-patio. É dicir achegar á lectura ao patio do recreo, para que o alumnado desfrute dun momento de lectura, ao sol, ou á sombra, segundo corresponda, pero sempre no patio, para despexar a nos cabeza. Os voluntarios/as, por quendas, encárganse do carriño que achega a lectura aos nenos e nenas, principalmente, revistas: Reportero DOC, O papagaio, National Geographc kids e banda deseñada.
mércores, 26 de febreiro de 2020
ENTROIDO 2020
Este curso o tema dos nosos disfraces de Entroido foi o proxecto documental integrado "Xeoparque Montañas do Courel, un xeoparque moi humano" Podedes ver as fotos do desfile pola Rúa Real de Quiroga dos osos pardos e ás abellas do Xeoparque Montañas do Courel premendo na imaxe.
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeopark
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeopark
mércores, 12 de febreiro de 2020
FORMACIÓN IMPRESIÓN 3D
O luns 3 de febreiro o profesorado do CEIP de Quiroga tivemos unha sesión de formación para comezar a traballar coa impresora 3D.
luns, 10 de febreiro de 2020
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA (VOLUNTARIADO-A)
Alumnos de 5º e 6º que participan no programa de voluntariado contaron contos ao alumnado de educación infantil na biblioteca.
Premer na imaxe para ver máis fotos
Premer na imaxe para ver máis fotos
domingo, 9 de febreiro de 2020
xoves, 6 de febreiro de 2020
SESIÓN CON ESCORNABOTS
O alumnado de Infantil despois de traballar o conto de Crocodilo da editorial Kalandraka, elaboramos un taboleiro para xogar cos escornabots.
CONTOS DA LAREIRA
O equipo de biblioteca xunto co equipo de dinamización da lingua galega convocamos no Samaín un certame de contos de medo tradicionais do Xeoparque Monatañas do Courel. Velaí tedes unha mostra do resultado
mércores, 5 de febreiro de 2020
SOMOS IGUAIS. CONTOS POLA IGUALDADE. RAQUEL QUEIZÁS
Hoxe tivemos a visita da contacontos Raquel Queizás, que coa presentación do espectáculo “Somos iguais. Contos pola Igualdade” fixo a delicia dos nosos nenos e nenas. Esta actuación foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero. Argumento:
Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.
Premer na imaxe para ver as fotos da actividade.
luns, 3 de febreiro de 2020
CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ
O dia 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da paz e a non violencia.
Con este motivo elaboramos un gran mural no que intentamos representar
xunto coa paz, os programas nos que traballa o centro: o Xeoparque
Montañas do Courel e o programa Inclúe-T; así, o mural representa unha
ruta de sendeirismo inclusiva, representada coas mans do noso alumnado
formando un camiño coas cores da bandeira LGTBI ;
este camiño adéntrase no territorio do Xeoparque Montañas do Courel a
través da ruta das aldeas paleozoicas. O Xeoparque está resaltado cunha
gran lupa nun mapa mundi!!
Premer na imaxe para ver as fotos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)