O venres, día 23 de febreiro, estuvo na biblioteca do cole, Cristóbal, xornalista de La
Voz de Galicia e voluntario, que veu falar ao alumnado de terceiro,
cuarto, quinto e sexto de primaria sobre o carné solidario, actividade
organizada pola Dirección Xeral de Voluntariado da Consellería de
Política Social, na que participan todas as alumnas e alumnos destes
cuatro cursos.
mércores, 28 de febreiro de 2018
luns, 26 de febreiro de 2018
DIA DE ROSALÍA
O venres, día 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía mediante actividades na biblioteca. Logo de ver un video sobre a vida de Rosalía de Castro, algúns cursos traballaron coa súa obra. O alumnado tamén utilizou unha escolma de libros sobre a poetisa que foron seleccionados polo equipo de biblioteca para os distintos grupos de idade.
venres, 23 de febreiro de 2018
PDI da biblioteca: peregrinos polo Camiño de Inverno
Despois dun intento fallido de saír disfrazados do colexio o venres 9 de
febreiro, o día 16, por fin poidemos saír facer a nosa peregrinaxe
polo Camiño de Inverno, pola Rúa Real de Quiroga ate a Casa da Cutura,
onde nos sellaron as credenciais que acreditaban ter feito un tramo do
camiño. Aínda que amenazaba chuvia, tivemos moita sorte e non choveu
mentres durou a nosa preregrinaxe. Aquí tedes unhas fotos desde
acontecemento tan especial, onde participamos os 150 alumnos e alumnas
do colexio e os 16 profes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)