venres, 25 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro!! No colexio fixemos murais colaborativos co poema de Rosalía de Castro:
Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
Non che teño medo moucho,
moucho non che teño medo.
Ademáis interpretamos este poema cantando a versión musicada de Migallas. Quedou un traballo precioso!!
 

 




 

luns, 14 de febreiro de 2022

OBRADOIRO DE BRAILLE

Seguimos coas boas prácticas en educación inclusiva. Dentro dos contratos- Programa da Consellería de educación, traballamos a actuación Inclúe-T. Todo o alumnado do colexio participou na biblioteca en obradoiros sobre o sistema de comunicación Braille, dirixidos por Sara, mestra de pedagoxía terapéutica.


 

sábado, 12 de febreiro de 2022

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Onte, día 11 de febreiro, conmemorouse o Día internacional da muller e a nena na ciencia, con este motivo visitounos na biblioteca do colexio a xeóloga Irene Pérez Cáceres, membro do cómite científico do Xeoparque Montañas do Courel que nos falou da ciencia da xeoloxía, do noso Xeoparque e do papel das xeológas, para terminar cun obradoiro sobre terremotos. A actividade foi presentada por Roberto Castro González, presidente do Xeoparque. 



martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Conmemoramos no colexio este día coa nosa árbore da paz, decorada con diferentes pombas elaboradas en todos os cursos.

Premer na imaxe para ver as fotos: