O profesor de educación física, Rafa, impartiu unha interesante charla, na biblioteca do cole, sobre os deportes que se practican no territorio Xeoparque Montañas de Courel. Foi unha actividade que interesou moito a alumnos/as e mestres/as. Moitas grazas, Rafa!!
mércores, 27 de marzo de 2019
DÍA DA POESÍA
21 de marzo, Día Internacional da Poesía. As alumnas e alumnos de quinto e terceiro de primaria demostraron ser grandes poetas e adicaron os seus poemas ao Territorio Xeoparque Montañas do Courel.
domingo, 17 de marzo de 2019
DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Con motivo do día 8 de marzo, Día internacional da muller, as traballadoras do CIM do Concello de Quiroga, Marisa e Lucía, estiveron na biblioteca do colexio contando o conto de Raquel Díaz Reguera “Cuando las niñas vuelan alto”. Despois xunto coas nenas e nenos de primaria elaboraron unhas ás para voar cara a igualdade. Os nenos de infantil traballaron con conto “ A princesa rebelde”
SEMANA DA PRENSA
No colexio conmemoramos a semana da prensa. Cada clase traballou diariamente co xornal El Progreso. Nas titorías redactáronse noticias e na biblioteca expuxéronse xornais de moitas nacións diferentes.
luns, 4 de marzo de 2019
PROXECTO XEOPARQUE MONTAÑAS DE COUREL E O ENTROIDO
O venres, día 1 de marzo, celebramos o Entroido e, como non podía ser menos, tendo como protagonista ao noso PDI, apoiando a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO das Montañas do Courel. Fomos vestidos de exploradores estudosos do territorio. Recorrimos a Rúa Real, acompañados dun gran oso do Courel e portando unha gran pancarta que nos acreditaba como estudosos do Xeoparque. O noso traxe estaba composto por chaleco, gorro, prismáticos e unha chapa conmemorativa. Esperamos que vos gustase tanto como a nós.
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeoaprkProject
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeoaprkProject
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)