Amosando publicacións coa etiqueta Vexo veo Xacobeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vexo veo Xacobeo. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de xuño de 2022

PASIÑO A PASIÑO

 Hai unha semana estrenamos o noso videoclip de "Pasiño a Pasiño" sobre o Camiño de Inverno.

Hoxe presentámosvos un pequeno "Making off" sobre o día da gravación. Un día moi especial para o noso alumnado.
Non viches o vídeo? Aquí tedes o resultado:

luns, 13 de xuño de 2022

DESEÑAMOS UN SELO PARA AS NOSAS CREDENCIAIS

Mirade o proceso e como quedou o selo que deseñamos en Tinkercad. Foi moi difícil escoller entre os deseños dos alumnos e alumnas de quinto, este foi o elixido. Esperamos que vos guste!

martes, 31 de maio de 2022

SINAIS DO CAMIÑO EN 3D

Os nenos e nenas de 1º e 2º, acudiron ao Recuncho Creativo da nosa biblioteca para rematar as súas sinais do camiño de inverno empregando os lápices 3D. Xa son uns expertos!

 

mércores, 4 de maio de 2022

PLAN PROXECTA: VEXO, VEO XACOBEO

O alumnado de infantil, primeiro e segundo participou onte nunha actividade de contacontos enmarcada dentro do Plan Proxecta "Vexo, veo Xacobeo". Aprenderon moito sobre o Camiño de Santiago e deixaron as súas pegadas como bos peregrinos.







martes, 26 de outubro de 2021

A TÉCNICA DO ESGRAFIADO EN 1º E 2º DE EP

Sabedes o que é un esgrafiado? O noso alumnado de primeiro e segundo estivo traballando esta técnica decorativa que aparece en moitos lugares da Ribeira Sacra. Fixeron un esgrafiado ao seu gusto sobre un debuxo inspirado na Casa do Carteiro de Montefurado. Unha das casas máis bonitas do percorrido do Camiño de Inverno no noso concello. Espectacular!

 





mércores, 20 de outubro de 2021

REINTERPRETACIÓN DOS MURAIS DE QUIROGA DO AUTOR MON DEVANE

Os alumnos e alumnas de segundo de primaria traballaron a temática do Camiño de Santiago e a Ribeira Sacra a través das olivas da nosa zona. Xogaron coas súas cores favoritas para reinterpretar os debuxos dos murais de Quiroga do autor Mon Devane, coas súas caras. Aquí podedes ver parte dos seus traballos.