Amosando publicacións coa etiqueta PVAD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PVAD. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de marzo de 2026

XORNADA DE DEPORTE INCLUSIVO

 Hoxe o alumnado de 5º e 6º gozou dunha fantástica xornada en Lugo participando nunha actividade moi especial organizada pola asociación Enki.

Ao longo do día tiveron a oportunidade de coñecer e probar distintos deportes e vehículos adaptados, achegándose así ao mundo do deporte inclusivo dunha forma práctica, divertida e moi enriquecedora.
Esta experiencia permitiulles comprender mellor a importancia da inclusión, da empatía e da igualdade de oportunidades, ademais de descubrir que o deporte é un espazo para todas as persoas.
Desde o centro queremos agradecer á asociación Enki o seu gran labor e por achegar ao noso alumnado valores tan importantes a través do deporte.
Unha xornada diferente, chea de aprendizaxe, compañeirismo e diversión!





venres, 20 de febreiro de 2026

DÍA DA PAZ

 A pesar de que a choiva non nos permitiu celebrar a carreira solidaria no Día da Paz, finalmente puidemos levala a cabo con moita ilusión e participación.

Todo o alumnado e o profesorado do centro uníronse nesta actividade solidaria para colaborar coa ONG Save the Children, demostrando unha vez máis o noso compromiso cos valores de solidariedade, esforzo e convivencia.
Grazas a todas as familias pola súa colaboración e apoio, e parabéns a todo o alumnado pola súa implicación. Xuntos demostramos que cada pequeno paso conta para construír un mundo mellor.







mércores, 24 de setembro de 2025

GALICIA SABE A MAR

Hoxe xegou ao noso cole a campaña “Galicia SABE a mar” unha iniciativa da Xunta de Galicia para promover o consumo de produtos do mar entre os escolares, facendo que descubran o valor do mar a través da degustación dos mesmos nos colexios. A campaña, que inclúe foodtrucks nos centros, combina educación nutricional coa promoción dos produtos marítimos.







mércores, 4 de decembro de 2024

DÍA DA DISCAPACIDADE

 O día 3 de decembro celebramos o Día Internacional da discapacidade. Durante esa semana realizamos con todosos cursos diversas actividades de sensibilización, nas que nos poñiamos no lugar das persoas con algunha discapacidade. Fixemos talleres sensoriais e xogamos aos xogos paralímpicos da Boccia e o voleibol sentado.

mércores, 13 de novembro de 2024

O MAGOSTO

O día 8 de novembro conmemoramos o Magosto  comendo riquísimas castañas asadas. Ramón, o noso conserxe,  asounos as castañas para que despois puidésemos comelas todos e todas. Tras esta rica merenda, levamos a cabo diferentes xogos populares como por exemplo: a corda, a carreira de sacos, o pañuelo, a bomba... entre outros moitos xogos dos que puidemos desfrutar. A continuación deixamos unhas fotos deste día tan divertido: