domingo, 22 de marzo de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

OBRADOIRO DE INCLUSIÓN NA SEMANA DA PRENSA


O pasado xoves 12 de marzo, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria participaron nun obradoiro na biblioteca. Conmemorando a semana da prensa, o alumnado tivo que superar varios retos ocultos en novas. Traballando en equipo, todos conseguiron traducir un titular en braille, aprenderon palabras en lingua de signos e coñeceron as seccións dun xornal clasificando titulares reais relacionados coa diversidade. Diseñaron un boceto para a impresora 3D coa finalidade de que o puideran tocar persoas con discapacidade visual.  Ademáis, descubriron que é a lectura fácil, cal é o seu obxectivo e a identificamos en libros da nosa biblioteca escolar.

Estas actividades están enmarcadas no programa Inclúe-t, que desenvolve medidas para fomentar e mellorar a inclusión no centro.






O CEIP DE QUIROGA NA PRENSA

Ao longo da semana da prensa fixemos varias actividades, unha delas foi facer unha selección de novas nas que sae o noso colexio ao longo dos anos para ir colocando nun mural.
Pinchando na imaxe podedes ver algunhas delas.


xoves, 12 de marzo de 2020

IMPRESORA 3D

Onte comenzamos a traballar coa impresora 3D. O alumnado de 4º de primaria foi o primeiro en aprender como se usa e imprimir unha letra. Aprenderon a acendela, viron por onde sae o filamento e como se cambia cando se acaba, tamén como se saca a cama de impresión e que hai que poñerlle laca para que se agarre ben a peza. Despois buscaron na aplicación Voladd, no banco de imaxes, a letra U e déronlle a imprimir. Puideron ver como ía imprimindo.
Mentres imprimía entramos no programa Dibuprint e aprenderon a usalo.
Nas imaxes podedes ver o traballo.







mércores, 11 de marzo de 2020

ACTIVIDADE DE IGUALDADE, 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Actividades de igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller. Dinámicas de Igualdade cos cursos de quinto e sexto de primaria, na biblioteca do centro, con Eva Ferreira.






8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DA MULLER


8 de marzo, Día Internacional da Muller. Actividade : a muller da miña vida é... 
Premer na imaxe para ver as fotos


https://photos.app.goo.gl/g7adrSLZhLD5Bo5u9


martes, 3 de marzo de 2020

LECTURAS EXPRESIVAS. VOLUNTARIADO

Alumnado voluntario interpretou na biblioteca o conto: Corre, corre, cabaciña, para o alumnado de toda a etapa de educación infantil. Como desfrutaron os máis pequenos do cole con esta actividade !!




domingo, 1 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA: MURAL E VIDEO "Parece unha rosa"

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro fixemos un mural e os alumnos e alumnas interpretaron e gravaron o poema "Parece unha rosa".  Este é o resultado, esperamos que vos guste.