Amosando publicacións coa etiqueta Montañas de Courel. Un Xeoparque moi humano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Montañas de Courel. Un Xeoparque moi humano. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de maio de 2020

ANIMAIS DO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL EN LINGUA DE SIGNOS

O día 4 de maio, lanzamos nas redes sociais e na web do colexio o reto de adiviñar os nomes dos principais animais do Xeoparque Montañas do Courel en lingua de signos a traves dunha foto dos mestres e mestras do colexio signando estes nomes.

Hoxe, día 9 publicamos as solucións a este reto. Podedes ver as fotos pulsando no ENLACE

domingo, 22 de marzo de 2020

mércores, 26 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Este curso o tema dos nosos disfraces de Entroido foi o proxecto documental integrado "Xeoparque Montañas do Courel, un xeoparque moi humano" Podedes ver as fotos do desfile  pola Rúa Real de Quiroga dos osos pardos e ás abellas  do Xeoparque Montañas do Courel premendo na imaxe.
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeopark



luns, 3 de febreiro de 2020

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

O dia 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da paz e a non violencia. Con este motivo elaboramos un gran mural no que intentamos representar xunto coa paz, os programas nos que traballa o centro: o Xeoparque Montañas do Courel e o programa Inclúe-T; así, o mural representa unha ruta de sendeirismo inclusiva, representada coas mans do noso alumnado formando un camiño coas cores da bandeira LGTBI ; este camiño adéntrase no territorio do Xeoparque Montañas do Courel a través da ruta das aldeas paleozoicas. O Xeoparque está resaltado cunha gran lupa nun mapa mundi!!

Premer na imaxe para ver as fotos

https://photos.app.goo.gl/Ga75oBHbNau9BcsA6

luns, 9 de decembro de 2019

VIDEO SOBRE O XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL DO ALUMNADO DE 3º DE EP

Xeoparque Montañas de Courel 🏔 🏔. Capítulo II. Nesta ocasión son os alumnos e alumnas de terceiro xunto coa súa mestra, María José, os que nos presentan este marabilloso vídeo. Montaxe de vídeo e edición a cargo da profe Belén!!

martes, 5 de novembro de 2019

PDI: VIDEO SOBRE O XEOPARQUE MONTAÑAS DE COUREL DO ALUMNADO DE 2º DE EP

O CEIP de Quiroga segue a traballar co Xeoparque Montañas de Courel. Nesta ocasión son as alumnas e alumnos de 2º de EP, dirixidos pola súa mestra Ana Isabel, os que nos demostran todo o que saben sobre o noso territorio. Grazas a profe Belén que gravou, editou e publicou o video. Esperamos que vos guste!!

domingo, 3 de novembro de 2019

ACTIVIDADES DO PDI SOBRE AS MONTAÑAS DO COUREL

Dentro das actividades do PDI da Biblioteca: "Montañas do Courel, un xeoparque moi humano", elaboramos unha credencial para todos os alumnos e alumnas do centro que terán que ir sellando na biblioteca a medida que vaian realizando actividades en relación ao PDI. Unha vez selladas as 10 casillas o obxectivo estará conseguido: ser expertos coñecedores do Xeoparque Montañas do Courel.

mércores, 30 de outubro de 2019

O SAMAÍN E O PDI: MONTAÑAS DE COUREL, UN XEOPARQUE MOI HUMANO

Un ano máis o Samaín chegou ao cole. As cabazas que o alumnado decorou coa axuda das súas familias locen xa no vestíbulo. Son impresionantes e moitas delas terrorificas, outras teñen como tema o Xeoparque. Moitas grazas as familias por colaborar sempre que o colexio llelo pide!!






CHARLA INTRODUCIÓN AO PDI: AS ALDEAS PALEOZOICAS NO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

O venres, día 25, e hoxe, día 29, estivo no colexio Ramon Vila, xeógrafo, director dos museos de Quiroga e gran coñecedor e impulsor do Xeoparque Montañas do Courel. Nesta ocasión falounos das aldeas paleozoicas do territorio do Xeoparque , das distintas eras xeolóxicas da historia da Terra e dos distintos tipo de pedras que se formaron en cada era e coas que están construidas as aldeas do noso territorio. Como sempre, foi unha exposicion súper interesante e didáctica!! Gracias, Moncho, unha vez mais!!!

Premendo na imaxe accédese ao album de fotos da actividade








martes, 29 de outubro de 2019

MONTAÑAS DE COUREL. UN XEOPARQUE MOI HUMANO. SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE EP A ALDEA PALEOZOICA DE FROXÁN


Seguimos explorando o territorio do Xeoparque Montañas do Courel. Hoxe o alumnado de primeiro e segundo de primaria, acompañados das mestras Ana Isabel, Vania e Lorena visitaron a aldea paleozoica de Froxán , unha caleira en Vilar, a Ferrería de Seoane e a oficina de turismo de Folgoso de Courel. Foron acompañados por Guillermo Díaz Aira, quen os guiou e ilustrou coas súas explicacións!!


Enlace a FOTOS

martes, 1 de outubro de 2019

CURSO 2019-2020. NOVO PDI: MONTAÑAS DE COUREL. UN XEOPARQUE MOI HUMANO

Comenzamos o curso 2019- 2020 e con el un novo Proxecto Documental Integrado no noso centro. Dende o Equipo de biblioteca tentaremos impulsar e dinamizar este PDI que leva por título: "Montañas de Courel. Un Xeoparque moi humano" Nesta aventura  contaremos coa  estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e de todas as titoras e mestres/as especialistas do centro. Todos unidos pola defensa, conservación, apoio e posta en valor do territorio onde todos vivimos: o Xeoparque Montañas do Courel.
A continuación publicamos o folleto que recolle as actividades propostas polo equipo de biblioteca para este primeiro trimestre.