mércores, 23 de xuño de 2021
martes, 22 de xuño de 2021
MEDALLAS PARA O CONCURSO "LILI QUERE SABER"
Velaquí a última creación da impresora 3D neste curso, unhas medallas para os gañadores do concurso "Lili quere saber", que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha na Aula Virtual. Noraboa Diana, Samuel, Anxo, Martín, Katia e Xana!
luns, 21 de xuño de 2021
FÓSILES DE AMONITES EN 3D
Os últimos días de plástica bilingüe os nenos e nenas de primeiro e segundo tamén aprendemos que son os fósiles. Para iso, creamos un fósil de amonites empregando arxila branca e uns modelos en miniatura que imprimimos na impresora 3D que hai na biblioteca do colexio. Unha vez secos pintámolos de diferentes cores, tendo que chegar a un consenso para escoller a cor do noso equipo colaborativo! Agardamos que vos gusten!
mércores, 16 de xuño de 2021
TRIVIAL DO XEOPARQUE
Velaquí outra das utilidades que lle demos este curso á impresora 3D, a creación dos queixiños do noso Trivial do Xeoparque! Agardamos que vos guste tanto coma a nós!
DIBUPRINT, IMPRESIÓN 3D EN SEGUNDO
O pasado 11 de maio o alumnado de segundo de primaria acudiu á biblioteca para aprender como funciona a impresora 3D. Ademais de coñecer as diferentes partes deste aparello e de velo en funcionamento, aprendemos a transformar os nosos debuxos en obxectos 3D listos para imprimir e creamos uns chaveiros personalizados que rematamos de imprimir ó longo destas semanas. Agardamos que vos gusten!
martes, 8 de xuño de 2021
DIBUPRINT, IMPRESIÓN 3D EN PRIMEIRO
O pasado 12 de maio, o alumnado de primeiro de primaria acudiu á biblioteca para poñer en marcha a impresora 3D e aprender como funciona. Tamén puido comprobar como grazas ó progama Dibuprint os nosos debuxos poden coverterse en obxectos 3D. E, como xa o curso pasado en infantil cada neno e cada nena fixera un debuxo da mascota da clase o Oso Urso, ese día só tivemos que pintar con pincel cada chaveiro personalizado que xa fora creado na impresora 3D. Mirade que recordo tan especial!
DIBUPRINT, IMPRESIÓN 3D EN TERCEIRO
O pasado 4 de maio o alumnado de terceiro de primaria acudiu á biblioteca para aprender como funciona a impresora 3D. Ademais de coñecer as diferentes partes deste aparello e de velo en funcionamento, aprendemos a transformar os nosos debuxos en obxectos 3D listos para imprimir e creamos uns chaveiros personalizados que rematamos de imprimir ó longo destas semanas. A espera mereceu a pena, pois fíxonos moita ilusión! Mirade que bonitos!
FOTOTRAMPEO NO XEOPARQUE
luns, 7 de xuño de 2021
TINKERCAD, IMPRESIÓN 3D
A finais de abril e principios de maio, o alumnado de sexto, quinto e cuarto de educación primaria acudiu á biblioteca para recibir formación en impresión 3D. Estas xornadas centráronse principalmente no manexo da plataforma online Tinkercad. Tras unha breve formación teórica, propúxoselle ó alumnado o reto de crear un chaveiro para imprimir no colexio. Aquí vos deixamos algunha das pezas que os nenos e nenas crearon! Agardamos que vos gusten!
UNHA MEDALLA PARA ISABELLA!
A última semana do mes de maio despedímonos de Isabella, a nosa auxiliar de conversa procedente de Georgia (Estados Unidos), e para que sempre nos recorde creamoslle un libriño cos nosos mellores desexos. Ademais, en mostra do noso agradecemento regalámoslle unha medalla feita coa impresora 3D. Foi moi enriquecedor para nós contar coa súa axuda nas clases de inglés e plástica bilingüe! Thank you Isabella! See you soon!
FÓSILES DE AMONITES EN 3D
Estes días os nenos e nenas de infantil aprendemos que son os fósiles, que podemos ver en museos como o Xeolóxico de Quiroga ou, se temos sorte, nunha excursión polo noso Xeoparque. Para iso, creamos un fósil de amonites empregando arxila branca e uns modelos en miniatura que imprimimos na impresora 3D que hai na biblioteca do colexio. Ademais, tamén subimos ver como esta máquina tan sorprendente creaba fósiles novos. Gustounos moitísimo! Mirade!