xoves, 31 de xaneiro de 2019

ACTIVIDADE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Alumnado de 5º e 6º que forman parte do voluntariado da biblioteca colaborarou na presentación do último libro da escritora Celia Díaz Núñez o  día 9 de febreiro na Biblioteca Pública Municipal. A súa colaboración consistiu nunha lectura dramatizada de varios capítulos do libro, unha obra de teatro infantil, que leva por título: "O castelo de Pena Redonda o máis tolo da contorna". Os alumnos que leron son alumnos voluntarios da biblioteca do CEIP de Quiroga: Nacho e Natalia de 6º de EP e Nadia e Manuel Antonio de 5º de EP. Esta actividade foi enmarcada no programa Bibliotecas solidarias na actuación Ler con...F:











PDI XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. MURAL DO DÍA DA PAZ


Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día escolar da paz e a non violencia, e como non podía ser doutro xeito, o noso mural da paz ubicouse no Xeoparque Montañas do Courel. No colexio imaxinamos un territorio onde todas as especies convivimos en paz: homes , mulleres, osos , lobos, aguias, raposos, ovellas, esquíos, serpes etc. Por unha convivencia en paz no Territorio Xeoparque Montañas de Courel!! Aprendamos a convivir en harmonía todos xuntos!!






SELECCIÓN DE LIBROS DÍA DA PAZ


martes, 22 de xaneiro de 2019

BOLETÍN DE ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA PARA O SEGUNDO TRIMESTRE



PDI: DISTINTOS TRABALLOS SOBRE O TERRITORIO DO PROXECTO XEOPARQUE MONTAÑAS DE COUREL

Os alumnos e alumnas de 6º fixeron este traballo sobre as árbores do territorio Montañas de Caurel.



Os alumnos de 5º traballaron sobre un dos produtos máis emblemáticos do territorio: A CASTAÑA


Tamén temos unha pequena exposición sobre as rochas máis importantes do territorio


venres, 18 de xaneiro de 2019

A FLORA DO TERRITORIO XEOPARQUE

Cada aula escolleu unha árbore, arbusto, flor,.., autóctona desta zona e fixo un pequeno traballo, con todos eles fixemos unha exposición, para máis tarde elaborar un libro para a biblioteca.



CONSIGUE O TEU DIPLOMA DE EXPERTO NO TERRITORIO XEOPARQUE

No colexio traballamos este ano co PDI sobre o Territorio Xeoparque Montañas do Courel. Os alumnos e alumnas conseguirán un selo na súa credencial, cada vez que traballen nunha actividade relacionada co Xeoparque. Se a final de curso consiguen encher toda a credencial obterán o seu diploma de Experto no Territorio Xeoparque.


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O mércores visitou a nosa biblioteca Maite, nai de Irene, que contou un conto “Max e Lea” de Estefanía Padullés, aos nenos e nenas de sexto de infantil. Fixo as delicias dos nosos pequenos que a atenderon con moto interese.