Onte,
día 27 de xaneiro,estiveron na nosa biblioteca María Martínez e Bebe da ONG
“Miradas al Mundo” coa que o colexio ven colaborando hai tres anos cun
mercadiño solidario que celebramos o Día de África, 25 de maio. María e
Bebe estiveron primeiro cos alumnos e alumnas de educación infantil e
ensináronlle unha escola que foi construida pola ONG en Varela (Guinea
Bissau)e varias bombas de auga que tamén colocaron nalgunhas aldeas;
viron un vídeo dun baile feito polos nenos e nenas de Guinea Bissau
e despois bailaron eles/as; tamén lles mandaron un vídeo saludándoos.
Na charla con primeiro, segundo e terceiro, Bebe contoulles como chegou
en patera a Canarias; logo viron un vídeo de como é un día na vida dos
nenos e nenas guineanos.
Os alumnos/as de cuarto, quinto e sexto de primaria fixeron unha videoconferencia coa escola de Varela e falaron directamente cos nenos e nenas de alí. Foi moi emocionante!!
Os alumnos/as de cuarto, quinto e sexto de primaria fixeron unha videoconferencia coa escola de Varela e falaron directamente cos nenos e nenas de alí. Foi moi emocionante!!
Os nenos e nenas de 6º de infantil fixeron debuxos para os nenos de Varela, tamén os de 5º de primaria escribíronlles unha carta
María informou ao alumnado que a recadación do mercadiño deste ano servirá para construir un pozo nunha escola, coa que se irmandará o noso colexio.
Moitas grazas a María e Bebe por ensinarnos a ser mellores persoas!!
#educacionenvalores #miradasalmundo

Premer na imaxe para ver as fotos das actividades