xoves, 26 de maio de 2016

Certame de Narración e Debuxos Letras Galegas 2016

En colaboración coa Biblioteca Municipal de Quiroga os nenos e nenas do CEIP de Quiroga colaboraron entregando os seus debuxos e narracións, sendo premiados algúns deles.

TRABALLAMOS NA ELABORACIÓN DE CÓMICS

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria iniciáronse no manexo da aplicación "Play Comics", para elaborar os seus propios cómics:


luns, 2 de maio de 2016

Proxecto Xermoliño. 5º Ed Infantil

CURSO: 5º EDUCACIÓN INFANTIL

TITOR: VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ


Durante o curso 2015-2016 o CEIP de Quiroga participamos no programa Xermoliño, cos seguintes obxectivos:

- Integrar o programa "Proxecto Xermoliño" nos diferentes proxectos da aula.
- Influir na adopción de hábitos saudables no alumnado e nas súas familias.
- Desenvolver a imaxinación e a creatividade na elaboración das brochetas e illa pirata.
- Promover o uso das TIC mediante a creación de actividades interactivas sobre a froita.
- Promover o consumo de froita no recreo e no fogar.
- Probar froitas que non comemos habitualmente.
- Gozar elaborando receitas e actividades lúdicas con froitas de tempada.


Na aula de 5º de Educación Infantil traballamos as froitas de diferente xeito:

- Na primeira semana  fixemos unha rica macedonia de froitas. Os nenos e nenas cortaron melocotón en almíbar, plátano, mandarina e pera. Estaba boísima!!!


 




Ademais, polo Samaín, fixemos pantasmas con plátanos e cabazas con mandarinas. Quedáronnos así de terroríficas:



- Na segunda semana de froita fresca estivemos traballando na Pizarra Dixital Interactiva con actividades dixitais elaboradas polo titor de 5º de Ed Infantil: Vicente Rodríguez Díaz.
Para ver máis fotos preme na imaxe:


Ademais, os nenos e nenas de 5º de Infantil elaboraron as súas propias "brochetas de froita". Estaba boísima!!!



 
   

- Na terceira semana de froita fresca  decidimos realizar un obradoiro todo o alumnado de Educación Infantil para elaborar unha illa pirata con froitas. Aquí vemos o resultado:







Con expectativas de seguir traballando a importancia das froitas na nosa alimentación, o vindeiro curso traballaremos as froitas elaborando con elas diferentes debuxos e facendo máis receitas de cociña: marmelada, batido de froitas, etc

PASÁMOLO XENIAL COMENDO E TRABALLANDO COA FROITA

ANEXOS: ACTIVIDADE INTERACTIVA: