martes, 25 de xuño de 2024

FINAL DO PROXECTO: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA

Chegamos ao fin do noso Proxecto Terra 🌍 e do noso PDI: Un territorio con moita Historia.
Este curso aprendimos moito da nosa contorna, das edificacións que albergaron a historia da nosa zona, os costumes ou o hábitat a través das épocas…
Todo o que aprendimos decidimos plasmalo nun xogo de mesa ao máis puro estilo do Xogo da Oca e cun protagonista moi especial: o Meco.
🎲 Un taboleiro que nos leva polos lugares e protagonistas máis destacados do noso Xeoparque ao longo da Historia.
Aqui tedes o Xogo do Meco en dúas modalidades: unha elaborada polo alumnado de infantil ata terceiro de educación primaria e outra de cuarto a sexto.
📲 Agardamos que vos guste e non esquezades botar unha partida en familia nas versións “en liña”
👶 👧Taboleiro en liña dos peques
👦🧒 Taboleiro en liña dos maiores

xoves, 6 de xuño de 2024

PRESENTACIÓN BOOKTRAILER

 Hoxe foi un gran día na nosa biblio! Tivo lugar a proxección dos booktrailer que fixeron os nenos e nenas de cuarto. A finalidade era presentarlle aos seus compañeiros de terceiro o libro do plan lector que lerán o vindeiro curso, "Vampira de biblioteca". Elaboraron outro sobre o conto "Corre, corre, cabaciña" para o alumnado de infantil. Quedamos abraiados coa creatividade do alumnado na elaboración dos seus booktrailer e tamén co efecto motivador que causou nos seus compañeiros. Ben seguro todos quedaron ansiosos por comezar as súas lecturas.







mércores, 5 de xuño de 2024

VISITA A BIBLIOTECA DO CLUB DE LECTURA DO IES DE QUIROGA

Hoxe visitounos o alumnado do Club de Lectura do IES de Quiroga que fixeron de contacontos para os nenos e nenas de Educación Infantil. Acompañaron as súas narracións dunhas preciosas ilustracións no Kamishibai e ata nos agasallaron cun precioso debuxo feito por eles/as!
Aproveitaron que era o Día Mundial do Medioambiente para concienciarnos da importancia do seu coidado a través dos contos “oso caroso”, “a orixe das sereas” “vivan las uñas de colores” e “isto non é unha selva”.
Grazas por facernos bailar e pasar un rato marabilloso!






luns, 3 de xuño de 2024

PRESENTACIÓN DO LIBRO "ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA"

Hoxe visitounos na biblioteca Andrea García Martínez, que nos presentou o seu libro “Animais fantásticos de aldea” cuxa acción transcorre na aldea de Froxán. Este libro foi lido polo alumnado de quinto de primaria no segundo trimestre, xa que forma parte do Proxecto Lector do Centro. Moitas grazas Andrea por facernos pasar un rato tan agradable!!