Así de terrorífico está o colexio coas vasoiras que trouxeron as nenas e os nenos, monstruosamente decoradas. Que medo!!!
Así de terrorífico está o colexio coas vasoiras que trouxeron as nenas e os nenos, monstruosamente decoradas. Que medo!!!
Dende
hai 10 anos o CEIP de Quiroga desenvolve todos os cursos un Proxecto
Documental Integrado impulsado dende o Equipo de Biblioteca, e no que
participan todo o alumnado e o profesorado do centro. Estes PDI sempre
teñen como centro de interese o noso territorio. Este curso o noso
proxecto chámase “Quiroga: Terra de Ríos” Podes ver a presentación en CANVA, pinchando AQUÍ
Hoxe visitounos na biblioteca Dani, da asociación AESLEME, quen falou aos alumnos de quinto e sexto de seguridade vial e contou a súa experiencia persoal como víctima dun accidente de tráfico. Falou tamén dos distintos deportes que practican as persoas que como el se desprazan en cadeira de rodas. Sen dubida unha historia de superación persoal que calou moi fondo no noso alumnado. Esta actividade foi organizada pola Dirección General de Tráfico.