O pasado mes, da man de Branca Villares pasamos un ratiño aprendendo sobre danza tradicional desde unha perspectiva de xénero. Grazas á ANPA por ofrecernos esta oportunidade.
martes, 7 de abril de 2026
venres, 6 de marzo de 2026
8M: OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado do centro participou nunha actividade moi especial titulada “Olimpiadas de corresponsabilidade”, organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga.
A través de diferentes xogos e dinámicas, os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia de compartir e colaborar nas tarefas do fogar, promovendo valores como a igualdade, o respecto e a corresponsabilidade no día a día.
Nesta xornada tamén contamos coa visita da concelleira de Igualdade, Mayte Pérez Grao, quen quixo acompañar ao alumnado durante a actividade.
Foi unha xornada participativa e moi enriquecedora que nos axuda a seguir educando en igualdade desde idades temperás. Moitas grazas ao Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga, a Esther e a Marisa, pola súa implicación e por achegar esta iniciativa ao noso centro.
luns, 17 de marzo de 2025
sábado, 8 de marzo de 2025
8 DE MARZO: FÍOS DE MULLER
Ensinámosvos o proceso destes días de bordado. Actividade que está sendo moi significativa para todos e todas. Proximamente no noso cole “ FÍOS DE MULLER”
Todo o alumnado do colexio bordou palabras suxerentes do Día da Muller.
martes, 11 de febreiro de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
martes, 14 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVO CONTEXTO DIXITAL
O Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga organizou un obradoiro sobre "Violencia de xénero e novo contexto dixital", que foi impartido por Pantallas Amigas. Esta actividade estivo financiada pola Dirección Xeral da loita contra a violencia de xénero, da Xunta de Galicia.
xoves, 28 de novembro de 2024
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia Machista, as traballadoras do Centro de Información a Muller do concello de Quiroga estiveron no colexio o xoves e o venres da semana pasada para realizar unha serie de actividades de concienciación sobre esta lacra social. As nenas e nenos de infantil e primaria, axudados por Esther, Marisa e as súas mestras, elaboraron pancartas con distintos debuxos e lemas conmemorativos. Con esas pancartas hoxe desfilamos todos e todas pola Rúa Real ata a casa consistorial, onde tivo lugar unha concentración de repulsa contra a violencia cara as mulleres. A continuación a concelleira de igualdade deu lectura a un manifesto, despois representantes de todas as clases de primaria leron os textos reivindicativos de cada clase.
Podedes ver as fotos da actividade premendo na imaxe:
luns, 21 de outubro de 2024
ACTIVIDADE DE IGUALDADE: ESPAZOS COHABITADOS
Durante este mes tivemos a visita de Branca de Outonía coa súa “Incubadora de espazos cohabitados”. Mediante esta actividade subvencionada pola ANPA todo o alumnado do centro recibiu obradoiros sobre igualdade e diversidade, afondando no concepto de corpo-territorio como inicio da relación das crianzas consigo mesmas e coa contorna.
venres, 11 de outubro de 2024
PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES
Na segunda semana de outubro, durante tres días tieveron lugar as actividades destinadas a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Estes obradoiros foron conseguidos pola ANPA a través dunha subvención destinada a tal fin. Foron Impartidos pola empresa Outonía.
xoves, 9 de marzo de 2023
CONMEMORAMOS O DÍA DA MULLER
Con motivo do Día Internacional da Muller visitounos na biblioteca, Sonia, avogada, traballadora do Centro de Información á muller de Trives e nai de Leo Vázquez Jiménez. Impartiu unha charla sobre igualdade ao alumnado de quinto e sexto de primaria, seguida dun coloquio e a proxección de varias curtas. Os nenos e as nenas estiveron moi participativos e interesados no tema. Moitas grazas, Sonia, pola túa aportación na concienciación do noso alumnado con motivo da conmemoración do Día da Muller.
mércores, 8 de marzo de 2023
8M: MULLERES NO MUNDO DIXITAL
Para conmemorar o Día Internacional da Muller o tema da ONU para este ano 2023 foi: “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero” Con este motivo os nosos nenos e nenas investigaron sobre mulleres que aportaron moito ao mundo das novas tecnoloxías, pero igual que noutros ámbitos foron ignoradas pola historia. Resaltamos a figura de Ángela Ruíz Robles, a mestra galega “Dona Angelita” inventora do primeiro libro dixital, antecedente do ebook, no año 1949.
mércores, 1 de febreiro de 2023
CHARLA PLAN DIRECTOR
Onte visitounos na biblioteca Héctor, psicólogo formador da garda civil, que impartiu dúas charlas (acoso escolar e igualdade) ao alumnado de quinto e sexto de primaria. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. Héctor soubo enganchar ao alumnado nas súas explicacións e mostráronse moi atentos e participativos. Moi necesarias este tipo de actividades.
luns, 28 de novembro de 2022
venres, 25 de novembro de 2022
25N: INMARCESIBLES
Hoxe, 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara as mulleres, visitounos na biblioteca do colexio Patricia González Vidal, traballadora social do concello de Sober, que presentou ao alumnado de quinto e sexto de primaria, o proxecto INMARCESIBLES. Actividade a prol da igualdade e que pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa os cánones de beleza socialmente establecidos.
venres, 29 de abril de 2022
OBRADOIRO DE ROBÓTICA
martes, 30 de novembro de 2021
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
25 de novembro o alumnado de quinto e sexto de fronte contra a violencia machista!!
Adaptación da canción de Rozalén: A loba
venres, 26 de novembro de 2021
xoves, 25 de novembro de 2021
25 DE NOVEMBRO: Día Internacional contra a violencia machista
Deixamos enlaces de cortos para traballar a violencia de xénero nas aulas:
https://rz100arte.com/la-mejor-animacion-6-cortos-hablar-violencia-genero-aula/
Tamén catro libros recomendados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares neste día:
- "Oliver Button é unha nena". Tomie De Paola.
- " Marta e a píntega", Eli Ríos.
- "Penúltimas tendencias" Carlos Negro
- "Madialeva", Ana Moreiras
venres, 27 de novembro de 2020
CHARLAS DE EDUCACIÓN SEXUAL E DIVERSIDADE SEXUAL
Os días 19 e 26 desde mes de novembro os médicos sexólogos Miguel e Estefanía do Gabinete Otero Piñán de Lugo estiveron no cole dando charla de educación sexual e diversidade sexual a todos os cursos de primaria. Importantísima e necesaria a educación sexual no noso alumnado.












.jpg)







.jpg)
.jpg)

















