E. Infantil e 1º e 2º de primaria :
https://www.apalpador.gal/fauna-do-courel/
PRIMARIA :
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/03/31/minas-romanas-ouro-explicadas-traves-imaxes/0003_201603M31C4991.htm
http://www.igme.es/patrimonio/geoparques.htm
https://www.facebook.com/CourelMountainsGeoparkProject/
https://docs.wixstatic.com/ugd/e31fe0_7e4c78763c454701b817ea60dea8ed4d.pdf
https://www.gciencia.com/medioambiental/campodola-leixazos/
https://elasombrario.com/alternativa-masas-geoturismo-fuerza-paisaje/
https://www.gciencia.com/tema/serra-do-courel/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/firmas/2012/09/01/parajes-subterraneos-courel/0003_201209M1C4991.htm
https://youtu.be/PAwWkwoDOqA
https://youtu.be/JCJoNvCDYos
https://youtu.be/nxPsIljAun0
https://youtu.be/WWJRo_byrZc
https://youtu.be/fFLQRZUp9qQ
https://youtu.be/JDkCp3YuHPk
luns, 29 de outubro de 2018
venres, 26 de outubro de 2018
PRESENTACIÓN DO PDI EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Un ano máis a biblioteca do CEIP tivo a honra de contar co director dos museos etnográfico e xeolóxico de Quiroga, Ramón Vila, quen ao longo de tres sesións, en tres días desta semana, impartiu charlas ao alumnado de primaria sobre a importancia da candidatura do territorio Montañas do Courel a Xeoparque da UNESCO e integrarse así na rede de 140 xeoparques mundiais. O Xeoparque Montañas de Courel, no caso de ser recoñecido pola UNESCO, sería o primeiro Xeoparque do noroeste de España e un importante motor económico para a nosa comarca.
PRESENTACIÓN DO PDI EN EDUCACIÓN INFANTIL
As mestras de educación infantil fixeron unha orixinal presentación do proxecto documental integrado impulsado dende a biblioteca. sobre o territorio das Montañas do Courel e deste xeito tan creativo explicáronlles a formación das nosas montañas:
DIA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN DE USUARIOS
O día 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas fixemos a formación de usuarios deste curso que comeza. Os mestres/as do Equipo da Biblioteca proxectaron ao alumnado de primaria un power point coa información necesaria para saber utilizar e desenvolverse de xeito autónomo na nosa biblioteca.
xoves, 25 de outubro de 2018
CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN
Dende a biblioteca do colexio propuxemos unha actividade de creación literaria, como fomento da expresión escrita e a lectura. Os alumnos e alumnas dos diferentes cursos tiñan que tirar uns dados e era o azar o que lle daba as pautas para crear o seu relato: escenario, protagonista, liña argumental etc. Por suposto os escenarios dos contos son zonas de interese do noso territorio Montañas de Courel e os protagonistas, personaxes terroríficos. Agora mostramos o comezo da actividade, xa mostraremos o resultado final:
luns, 15 de outubro de 2018
ESTRENAMOS CURSO CUN NOVO PROXECTO: APRENDENDO DA PAISAXE, UNHA OLLADA AO PROXECTO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL:
Un ano máis o equipo de biblioteca estamos xa a traballar para presentarvos as novidades e novos retos que queremos afrontar con todos vós: alumnado, profesorado e familias. Por segundo ano contamos na nosa biblioteca con PLAMBE que nos permite dispoñer de máis recursos, para ofrecervos non só un espazo máis confortable e atractivo (novo mobiliario, máis libros ... ) senón tamén outras novidades que iredes descubrindo ao longo do curso. Avanzámosvos o programa de robótica "Biblioteca creativa", o biblio-patio ou os alumnos voluntarios na biblioteca escolar. Benvidos a este novo curso 2018-2019 e velaí tedes as actividades que vos propoñemos, desde a biblioteca escolar, para este primeiro trimestre
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)