martes, 19 de decembro de 2017

O NADAL E O CAMIÑO DE INVERNO

No noso colexio chegou o Nadal e xa están listas as postais dos diferentes cursos. A decoración do centro, incluida a árbore, inspirouse este año no PDI: O Camiño de Inverno.







venres, 1 de decembro de 2017

ACTIVIDADE DO PDI: CHARLA DE AIDA MENÉNDEZ LORENZO SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

O día 29 de novembro contamos coa presenza na nosa biblioteca de Aida Menéndez Lorenzo, gran coñecedora e impulsora do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Aida Menendez Lorenzo é a presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e é autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago”. Aida ofreceu aos alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de primaria unha agradable e didáctica charla sobre o Camiño de Inverno. Esta actividade é unha máis das organizadas polo equipo de biblioteca, dentro do proxecto documental integrado (PDI) sobre o Camiño de Inverno, proxecto que se enmarca tamén na actuación sobre educación patrimonial do Plan Proxecta da Consellería e Educación.













DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na biblioteca tamén conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero, para iso contamos coas traballadoras do Centro de Información a Muller do concello de Quiroga, Marisa e Lucía, que concienciaron ao alumnado a través de varias actividades, que culminaron nunha gran fotografía no patio do colexio onde os alumnos e alumnas levantaron as mans negras, con mensaxes contra a violencia, previamente elaboradas na biblioteca do centro.




















xoves, 16 de novembro de 2017

ACTIVIDADES DO PDI SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

Dentro das actividades do PDI da Biblioteca: Todos os camiños levan a Santiago... tamén o de inverno", elaboramos unha credencial para todos os alumnos e alumnas do centro que terán que ir sellando na biblioteca a medida que vaian realizando actividades en relación ao PDI. Unha vez selladas as 20 etapas o obxectivo estará conseguido: ser expertos coñecedores do Camiño de Inverno. Outra actividade en colaboración con Equipo de dinamización da lingua galega, e coincidindo co Samaín, foi o certame de "Contos de medo no Camiño de Inverno", para todo o alumnado de primaria. O equipo de biblioteca elaborou unha plantilla para redactar os contos.





xoves, 26 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

O martes, día 24 de outubro, conmemoramos o Día das bibliotecas e aproveitamos para levar a cabo a formación de usuarios correspondente a este curso 2017-2018. As mestras e mestres do equipo de biblioteca proxectamos unha presentación de diapositivas aos cursos de primaria: que é unha biblioteca?, como se ordenan os libros nunha biblioteca?, como se interpreta a etiqueta dun libro?, a CDU, cales son as normas da biblioteca, como funciona o servizo de préstamo na biblioteca?... 
Tamén repartimos a credencial que elaboramos para sellar cada unha das etapas que imos facer ao longo do curso en relación ao PDI sobre o Camiño de inverno. Cada unha das actividades que se fagan será rexistrada co selo da biblioteca na credencial de cada alumno/a, co obxectivo de chegar a fin de curso con vinte actividades selladas e conseguir así ser expertos no Camiño de inverno. 




PRESENTACIÓN DO PDI: Todos os camiños levan a Santiago... tamén o de Inverno.

Este curso dende a biblioteca do colexio traballamos co PDI (proxecto documental integrado) “todos os camiños levan a Santiago... tamén o de inverno” con el pretendemos dar a coñecer e poñer en valor ante os nosos alumnos/as o Camiño de inverno, recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia o ano pasado. Pretendemos traballar especialmente o tramo do camiño que pasa polo noso concello. Como actividade de partida de dito proxecto contamos coa presenza de Ramón Vila, director dos museos de Quiroga, na nosa biblioteca. A través de tres relatorios, en días consecutivos, introduciu aos alumnos de primaria no tema: O camiño de inverno. Posteriormente a xefa de estudos do centro, Ana Isabel Santiso, presentou o camiño ao alumnado de educación infantil. Queremos dalas grazas a Ramón Vila pola súa amable colaboración co colexio siempre que llo temos pedido. Como sempre, foi un auténtico pracer escoitalo.








martes, 24 de outubro de 2017

INCORPORACIÓN DO CEIP DE QUIROGA AO PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares))

No CEIP de Quiroga celebramos a incorporación do noso centro ao PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares) nesta data tan sinalada. 24 de outubro: día das Bibliotecas.
Pinchando neste enlace podedes ver a resolución da convocatoria deste ano PLAMBE

venres, 6 de outubro de 2017

PDI: "Todos os camiños levan a Santiago... tamén o de Inverno"

Este curso o PDI xirará sobre o camiño de Inverno a Santiago, recentemente declarado camiño oficial. Deixamos máis información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipquiroga/node/773

martes, 13 de xuño de 2017

VISITA DA ONG: MIRADAS AL MUNDO

Hoxe tivemos a visita da ONG: Miradas al Mundo, que viñeron agradecer aos alumnos a súa contribución a través do mercado solidario realizado en datas anteriores que serviu para acadar fondos para dita organización que desenvolve a súa acción humanitaria en Guinea - Bissau.

xoves, 18 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na biblioteca tivemos un recuncho lector adicado a Carlos Casares con motivo da celebración das letras galegas.

martes, 16 de maio de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O venres,12 de maio, os nenos de educación infantil tivemos a visita de Iago López, un contacontos moi divertido. Escenificou o conto do "Cociñeiro Martiño", pasamolo moi ben!

martes, 9 de maio de 2017

Actividades dos alumnos de Infantil no día do libro

Os alumnos de infantil, co gallo do día do libro, fixeron actividades na biblioteca para celebrar esta efeméride. Aquí tedes unha mostra...