Un ano máis o Samaín chegou ao cole. As cabazas que o alumnado decorou coa axuda das súas familias locen xa no vestíbulo. Son impresionantes e moitas delas terrorificas, outras teñen como tema o Xeoparque. Moitas grazas as familias por colaborar sempre que o colexio llelo pide!!
mércores, 30 de outubro de 2019
CHARLA INTRODUCIÓN AO PDI: AS ALDEAS PALEOZOICAS NO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
O venres, día 25, e hoxe, día 29, estivo no colexio Ramon Vila, xeógrafo, director dos museos de Quiroga e gran coñecedor e impulsor do Xeoparque Montañas do Courel. Nesta ocasión falounos das aldeas paleozoicas do territorio do Xeoparque , das distintas eras xeolóxicas da historia da Terra e dos distintos tipo de pedras que se formaron en cada era e coas que están construidas as aldeas do noso territorio. Como sempre, foi unha exposicion súper interesante e didáctica!! Gracias, Moncho, unha vez mais!!!
Premendo na imaxe accédese ao album de fotos da actividade
Premendo na imaxe accédese ao album de fotos da actividade
martes, 29 de outubro de 2019
MONTAÑAS DE COUREL. UN XEOPARQUE MOI HUMANO. SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE EP A ALDEA PALEOZOICA DE FROXÁN
Seguimos explorando o territorio do Xeoparque Montañas do Courel. Hoxe o alumnado de primeiro e segundo de primaria, acompañados das mestras Ana Isabel, Vania e Lorena visitaron a aldea paleozoica de Froxán , unha caleira en Vilar, a Ferrería de Seoane e a oficina de turismo de Folgoso de Courel. Foron acompañados por Guillermo Díaz Aira, quen os guiou e ilustrou coas súas explicacións!!
Enlace a FOTOS
mércores, 16 de outubro de 2019
CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE
Hoxe, día 16 de outubro, tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos sobre igualdade á cargo da empresa Luna. Contaron o conto "Rosita e Lola". Esta actividade está incluída no Plan de Igualdade do centro e está organizada pola ANPA a través dunha axuda da Secretaría Xeral de Igualdade destinada a actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
FOTOS DA ACTIVIDADE
FOTOS DA ACTIVIDADE
mércores, 9 de outubro de 2019
martes, 1 de outubro de 2019
CURSO 2019-2020. NOVO PDI: MONTAÑAS DE COUREL. UN XEOPARQUE MOI HUMANO
Comenzamos o curso 2019- 2020 e con el un novo Proxecto Documental Integrado no noso centro. Dende o Equipo de biblioteca tentaremos impulsar e dinamizar este PDI que leva por título: "Montañas de Courel. Un Xeoparque moi humano" Nesta aventura contaremos coa estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e de todas as titoras e mestres/as especialistas do centro. Todos unidos pola defensa, conservación, apoio e posta en valor do territorio onde todos vivimos: o Xeoparque Montañas do Courel.
A continuación publicamos o folleto que recolle as actividades propostas polo equipo de biblioteca para este primeiro trimestre.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)