Día de moita enerxía na nosa biblio! Os alumnos e alumnas de primeiro, segundo e terceiro, desfrutaron dun obradoiro impartido por Almu de Competencia Dixital. Coñeceron o funcionamento dos circuitos eléctricos para crear o seu propio BOT. Decorárono ao seu gusto e puxérono a funcionar para facer un "BORRANCHOBOT" colectivo. Coma sempre a colaboración entre eles e a creatividade foi a tónica desta actividade. Ollade a marabilla de resultados pero sobre todo, a cooperación dos procesos.
mércores, 29 de maio de 2024
ELECTRÓNICA E ARTE CREANDO O BORRANCHOBOT
martes, 28 de maio de 2024
OBRADOIRO DE MOCHILAS CO IMAGOTIPO DO PROXECTO
Durante o 3º trimestre varios grupos do cole elaboraron mochilas cuxa decoración foi o imagotipo que gañou nas eleccións do 1º trimestre.
martes, 21 de maio de 2024
OBRADOIRO CREACIÓN BOOKTRAILER
O alumnado de 4º de primaria, desfrutou dun obradoiro de Booktrailer organizado pola Biblioteca Creativa. Roi, profesional da comunicación audiovisual, foi o encargado de guiarnos ao longo de todo o proceso. Non so puxeron en práctica habilidades de comunicación, resolución de conflictos ou cooperación, senon que tiveron que usar a creatividade para poder levar a cabo a actividade.
Durante toda a xornada asumiron diferentes roles como a representación, gravación ou edición que lle axudaron a crear o seu booktrailer.
Foi unha gran experiencia da que seguro que sacaremos proveito!
xoves, 16 de maio de 2024
LETRAS GALEGAS 2024
Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas cun sinxelo acto no patio cuberto. Para comezar o alumnado de sexto de primaria interpretou o Rap das Letras Galegas; a continuación, o alumnado de infantil leu a biografía de Luisa Villalba, a autora homenaxeada este ano; seguiron os distintos cursos de educación primaria lendo fragmentos da súa obra en prosa; a continuación o alumnado de quinto recitou un poema da autora; e para finalizar, todos e todas cantamos o himno galego.
Premer na imaxe para ver as fotos.
martes, 7 de maio de 2024
O RAP DAS LETRAS GALEGAS
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria crearon un RAP dedicado ao Día das Letras Galegas, que interpretarán no acto que se celebrará o próximo 16 de maio:
AS FAMILIAS CONTAN CONTOS
Para conmemorar a semana do libro, algunhas nais e pais de educación infantil achegáronae á nosa biblioteca para contar contos ao alumnado de educación infantil. Grazas a todos e todas os que se animaron e fixeron pasar momentos marabillosos aos nosos peques (mamás de Enzo, Eiden, Xiana, Lucía, Noa e Ángel; e papás de Lucía e Melina) moitas grazas!!
Fotos da actividade premendo na imaxe:
venres, 3 de maio de 2024
OBRADOIRO DE SCRATCH JR
Os nenos e nenas de primeiro e segundo achegáronse á programación por bloques mediante a aplicación Scratch JR. Esta app permite dun xeito moi intuitivo e lúdico iniciarse no mundo da programación, aspecto tan importante no tempo no que vivimos. Ademais diso, traballaron de xeito cooperativo, tomando decisións e colaborando para aprender xuntos.
xoves, 2 de maio de 2024
CONTACONTOS SABELA GAGO
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca, un contacontos da man da marabillosa Sabela Gago. Os nenos de primeiro, segundo e terceiro non só desfrutaron das historias, se non que participaron activamente delas.