Hoxe, 31 de marzo, visitounos na biblioteca Emely Soto, odontóloga de profesión, e nai de Emma, alumna de primeiro de primaria. Falounos de saúde buco-dental e da importancia dun bo cepillado de dentes. Tamén tivo obsequios para todo o alumnado do centro. Moitas grazas, Emely Soto!!
venres, 31 de marzo de 2023
SCAPE ROOM MEDIOAMBIENTAL
xoves, 30 de marzo de 2023
CONSTRUIMOS HOTEIS DE INSECTOS
Na última quincena do segundo trimestre, alumnos e alumnas de 3º de EP organizaron unha exposición na que se podía observar varios "hoteis de insectos" confeccionados por eles/as mesmos/as coa axuda das súas familias. A exposición contaba tamén con varios paneis informativos elaborados polo alumnado no tempo dedicado as TIC, onde se respondía a cuestións como: que é un hotel de insectos, materiais usados na súa construción, importancia dos insectos para a conservación da biodiversidade.
Este traballo enmárcase dentro do PDI que estamos a desenvolver durante o curso, xa que os insectos forman parte da variada fauna que poboa os nosos ríos.
Destacouse principalmente a importancia das abellas, un insectos polinizador que no Xeoparque Montañas do Courel, sufriu especialmente coa vaga de incendios do pasado verán.
martes, 28 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA
Na semana da prensa os maís pequenos do cole traballaron con xornais, porén os maiores visitaron as instalacións do xornal EL PROGRESO, onde aprenderon todas as fases de elaboración dun diario, incuída a rotativa, que chamou moito a súa atención.
sábado, 25 de marzo de 2023
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA: OS RÍOS DE QUIROGA
Conmemoramos o Día da Poesía traballando a expresión escrita a través de creación de poesías que o alumnado tiña que relacionar co PDI que desenvolvemos durante o presente curso: Quiroga, terra de ríos. Así os máis pequenos compuxeron acrósticos, mentres os maiores creaban poemas libremente vinculados aos nosos ríos.
venres, 24 de marzo de 2023
EXPERIMENTANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR
O alumnado de 1º ciclo coñeceu un pouco mellor as características da protagonista do noso PDI "Quiroga, terra de ríos". Experimentaron coa auga e coñeceron conceptos como a flotación, a tensión superficial ou a refracción.
xoves, 9 de marzo de 2023
CONMEMORAMOS O DÍA DA MULLER
Con motivo do Día Internacional da Muller visitounos na biblioteca, Sonia, avogada, traballadora do Centro de Información á muller de Trives e nai de Leo Vázquez Jiménez. Impartiu unha charla sobre igualdade ao alumnado de quinto e sexto de primaria, seguida dun coloquio e a proxección de varias curtas. Os nenos e as nenas estiveron moi participativos e interesados no tema. Moitas grazas, Sonia, pola túa aportación na concienciación do noso alumnado con motivo da conmemoración do Día da Muller.
mércores, 8 de marzo de 2023
8M: MULLERES NO MUNDO DIXITAL
Para conmemorar o Día Internacional da Muller o tema da ONU para este ano 2023 foi: “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero” Con este motivo os nosos nenos e nenas investigaron sobre mulleres que aportaron moito ao mundo das novas tecnoloxías, pero igual que noutros ámbitos foron ignoradas pola historia. Resaltamos a figura de Ángela Ruíz Robles, a mestra galega “Dona Angelita” inventora do primeiro libro dixital, antecedente do ebook, no año 1949.