xoves, 29 de maio de 2025
VISITA AO CENTRO DE DÍA
mércores, 8 de xaneiro de 2025
COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL: CREAMOS POEMAS DE NADAL
A proposta da Bibblioteca pública, participamos nun concurso de poemas de Nadal. O maiores do colexio, convertíronse en magníficos poetas. Aquí tedes unha mostra do seu talento literario.
venres, 6 de decembro de 2024
OBRA DE TEATRO SOBRE CASTELAO
O día 4 de decembro todo o centro acudiu ao auditorio municipal para ver a representación da obra "Castelao". Esta actividade foi organizada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga en colaboración coa área de cultura de Vicepresidencia 1º da Deputación Provincial e o CEIP de Quiroga.
Nesta representación divertida á par que reflexiva, falóusenos sobre a última tarde que Castelo pasou en Rianxo antes de coller o barco para ir a Arxentina coa súa nai. O texto da mesma é de Paula Carballeira, a dirección de Fina Calleja e en escea, Mónica Camaño e Cris Collazo, quenes amosan na obra a un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro.
luns, 28 de outubro de 2024
ANIMACIÓN Á LECTURA CON SABELA GAGO
Esta mañá todo o alumnado do colexio desfrutou na biblioteca da actuación da contacontos Sabela Gago.
Sabela reside en Ourense onde compaxina a súa actividade como actriz e docente teatral na compañía Sarabela Teatro, co traballo de dinamización á lectura en Concellos, Cefores, Bibliotecas e Centros educativos de Galicia.
Foi unha actuación que gustou moito aos nosos nenos e nenas que pasaron unha xornada moi divertida.
Podedes ver as fotos premendo na imaxe:
xoves, 6 de xuño de 2024
PRESENTACIÓN BOOKTRAILER
Hoxe foi un gran día na nosa biblio! Tivo lugar a proxección dos booktrailer que fixeron os nenos e nenas de cuarto. A finalidade era presentarlle aos seus compañeiros de terceiro o libro do plan lector que lerán o vindeiro curso, "Vampira de biblioteca". Elaboraron outro sobre o conto "Corre, corre, cabaciña" para o alumnado de infantil. Quedamos abraiados coa creatividade do alumnado na elaboración dos seus booktrailer e tamén co efecto motivador que causou nos seus compañeiros. Ben seguro todos quedaron ansiosos por comezar as súas lecturas.
xoves, 2 de maio de 2024
CONTACONTOS SABELA GAGO
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca, un contacontos da man da marabillosa Sabela Gago. Os nenos de primeiro, segundo e terceiro non só desfrutaron das historias, se non que participaron activamente delas.
venres, 22 de marzo de 2024
DÍA DA POESÍA: CALIGRAMAS
Este curso, para conmemorar o Día da Poesía, utilizamos a técnica do caligrama. Compuxemos un por clase coa temática do noso PDI: Un territorio con moita historia.
martes, 20 de febreiro de 2024
OBRADOIRO DE CÓMIC
Hoxe visitounos na biblioteca do colexio Xosé Manuel Fernández Montes “Hermanager” que impartiu un obradoiro de cómic ao alumnado de quinto e sexto de primaria. Foi una actividade moi proveitosa que espertou moito interese entre os nenos e as nenas. Moitas grazas Xosé Manuel! Esperamos que pronto nos visites de novo!
mércores, 27 de setembro de 2023
CUBO DE MERGE
Hoxe na biblio, día de bechos! Marabillados estiveron os nenos e nenasvendo eses animais en movemento e mesmo collendo nas "súas mans" serpes, osos... Ollade esta experiencia de imaxes 3D co cubo de Merge.
martes, 30 de maio de 2023
DINÁMICA: MÚSICA DE RAÍZ. FUNDACIÓN LEGAR
O alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutou na biblioteca dunha animada dinámica a cargo de Martina e Xavier da Fundación Legar, os que lles ensinaron gran variedade de instrumentos musicais que fabricaban os nosos antepasados cos materiais que nos proporciona a natureza.
Durante esta actividade, os nenos e nenas puideron coñecer máis sobre a música étnica, folk e de patrimonio cultural, grazas a esta entidade formada para difundir, promover e preservar a música de raíz.
Podedes ver as fotos premendo na imaxe
martes, 7 de decembro de 2021
ADIVIÑAS DO OUTONO
As nenas e os nenos dos cursos de primaria recompilaron adiviñas do outono, logo foron expostas en dúas das árbores máis características da nosa contorna: o castiñeiro e o carballo.
martes, 30 de novembro de 2021
A CONTACONTOS SABELA GAGO ACTÚA NA BIBLIOTECA
Odía 23 de novembro, estivo nos biblioteca do colexio a actriz e contacontos Sabela Gago que fixo as delicias do alumnado de terceiro e cuarto de primaria!!
Preme na imaxe para ver todas as fotos:
.jpg)
.jpg)
.jpg)
































