O
alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP de Quiroga participou no
obradoiro “ O poder do brindo” impartido por Nuria Penas e
Manoele Pardo, dentro do programa Enregueifate.
A
actividade desenvolveuse a través do proxecto de normalización
lingüística impulsado conxuntamente polos tres concellos do
Xeoparque Montañas do Courel: Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do
Courel.
Unha
experiencia para xogar coas palabras, potenciar a expresión oral e
achegarse á tradición galega desde a creatividade e a
improvisación.
venres, 2 de outubro de 2026
O PODER DO BRINDO
luns, 21 de setembro de 2026
OBRADOIRO DE CREACIÓN DE PASATEMPOS
O pasado venres 18, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou nun divertido e creativo obradoiro de elaboración de pasatempos, impartido pola escritora Celia Díaz Núñez.
Ao longo da actividade, as nenas e os nenos puxeron a proba a súa imaxinación, creatividade e coñecementos para crear os seus propios pasatempos, ao tempo que gozaron da lingua galega dunha maneira lúdica e participativa.
A actividade foi organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, ao que agradecemos esta iniciativa e a oportunidade de achegar o alumnado á creación literaria e ao uso do galego.
Moitas grazas, Celia, por compartir connosco a túa creatividade!
xoves, 17 de setembro de 2026
sábado, 20 de xuño de 2026
VIDEOCLIP "A SEMENTE SOMOS NÓS"
Hoxe poñemos fin ao curso 2025/2026.
Despois da presentación do disco “Voces de Quiroga” rematamos co videoclip da canción “A semente somos nós”, adicada aos voluntarios e traballadores contra os incendios.Coa axuda de Mario Colomán & The Clocks Band o alumnado do CEIP de Quiroga cantou á resiliencia da nosa comarca fronte o lume.
Supón este video o produto final do PDI Montañas do Courel: Un Xeoparque en verde, onde a comunidade educativa a través das súas contribucións ás actividades conseguían nun xogo ir unha por unha apagando as 100 lapas das zonas queimadas.
Hoxe apagamos a última lapa coa axuda das familias, alumnado e profesorado, para así recordar que baixo todo o negro “A semente somos nós”.
Grazas tamén a Mario Colomán e á súa banda por sumarse e involucrarse neste proxecto, ás xentes voluntarias no incendio de Bendollo, que aportaron as imaxes e a profesorado e alumnado:
“A semente somos nós”.
venres, 5 de xuño de 2026
ANIMACIÓN A ESCRITURA: AS RECEITAS DO XEOPARQUE
O alumnado de 6º de EP redactou unhas riquísimas receitas que recompilou dos seus pais e dos seus avós.
Aquí tedes unha mostra:
luns, 1 de xuño de 2026
GALEMÉS: BOTAR A LINGUA FÓRA
Botamos a lingua fóra e bordámola de azul. Cada fío, cada puntada é a voz das nosas avoas, o son do mar, aterra que nos nomea e a identidade que levamos. Porque o galego non é so unha lingua, é a nosa raíz. Inspiradas no libro "Sacar a lingua fóra"é de mala educación"de Manuel Núñez Singala
PROGRAMA DE RADIO: PONTE NAS ONDAS
O pasado venres día 22 de maio a clase de 5º de Primaria tivo o pracer de participar con Ponte nas Ondas e a Fundación Legar na elaboración dun programa de radio. Este programa, encadrado no Radio Visual do Patrimonio, estivo integrado por diferentes partes como unha entrevista ao alcalde de Quiroga, a Xabier Blanco… Foi gravado na Seara, no corazón do Caurel, e en concreto na Fundación Legar, un espazo único cheo de valor e tradicións.









