martes, 9 de maio de 2023

                                                         "INFOGRAFÍA INTERACTIVA"

Hai unhas semanas, os nenos e nenas de cuarto, acompañados de compañeiros e compañeiras de sexto, aprenderon a usar as placas makey makey. Ao longo daquel obradoiro pensaron varias utilidades. Unha delas foi a de facer unha infografía dos ríos de Quiroga interactiva, dotandoa de son. Así,  aqueles nenos do cole que non saben ler, tamén teñen a posibilidade de entender a parte escrita. Pois ben, aquí tedes o resultado. Están encantados!





















 

EXPOSICIÓN DO "OBRADOIRO DE COLLAGE E FOTOGRAFÍA" DE MARK RITCHIE.


Marabilla de exposición co produto final do obradoiro no que participaron os alumnos e alumnas de primerio, segundo e terceiro de primaria. Creatividade en estado puro!