martes, 19 de decembro de 2017

O NADAL E O CAMIÑO DE INVERNO

No noso colexio chegou o Nadal e xa están listas as postais dos diferentes cursos. A decoración do centro, incluida a árbore, inspirouse este año no PDI: O Camiño de Inverno.







venres, 1 de decembro de 2017

ACTIVIDADE DO PDI: CHARLA DE AIDA MENÉNDEZ LORENZO SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

O día 29 de novembro contamos coa presenza na nosa biblioteca de Aida Menéndez Lorenzo, gran coñecedora e impulsora do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Aida Menendez Lorenzo é a presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e é autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago”. Aida ofreceu aos alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de primaria unha agradable e didáctica charla sobre o Camiño de Inverno. Esta actividade é unha máis das organizadas polo equipo de biblioteca, dentro do proxecto documental integrado (PDI) sobre o Camiño de Inverno, proxecto que se enmarca tamén na actuación sobre educación patrimonial do Plan Proxecta da Consellería e Educación.













DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na biblioteca tamén conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero, para iso contamos coas traballadoras do Centro de Información a Muller do concello de Quiroga, Marisa e Lucía, que concienciaron ao alumnado a través de varias actividades, que culminaron nunha gran fotografía no patio do colexio onde os alumnos e alumnas levantaron as mans negras, con mensaxes contra a violencia, previamente elaboradas na biblioteca do centro.