luns, 19 de decembro de 2022

CALENDARIO ESTIÑO

Xa temos á venta no colexio o calendario Estiño co que o noso alumnado, a través dos seus debuxos, colabora todos os anos xunto con outros moitos coles. O calendario ten unha finalidade benéfica, pois o recadado é para a ONG AXUNICA (Axuda a Nicaragua).



sábado, 17 de decembro de 2022

DECORACIÓN DE NADAL

 Asi loce o cole coa decoración de Nadal.

As postais de Nadal foron feitas coa temática do PDI: Quiroga, terra de ríos





mércores, 14 de decembro de 2022

MAQUETAS RÍOS DE QUIROGA

Durante o primeiro trimestre na aula de 4ª de primaria comezamos a coñecer os ríos do noso concello.

Como complemento a este traballo, os nenos e nenas xunto coas súas familias, elaboraron maquetas dalgúns destes ríos, distinguindo as distintas partes do curso dun río, o relevo por onde discorren, as poboacións que atravesan, ...

Esta actividade supuxo, entre outras cousas, acadar unha maior consolidación da parte do currículo correspondente á area de ciencias sociais, a implicación das familias no proceso educativo , descubrir e estudar a nosa contorna próxima para poñer en valor o patrimonio natural co que contamos, os ríos que discorren por terras quiroguesas.





martes, 13 de decembro de 2022

OBRADOIROS DE BOMBAS DE SEMENTE E PEGADAS

 

O luns e martes desta semana estiveron no colexio Franqui Lorenzo e Bibiana Illanes facendo obradoiros con todo o alumnado do colexio. Esta actividade foi proposta e subvencionada pola Asociación do Xeoparque Montañas do Courel. Os obradoiros para 2º e 3º ciclo de primaria consistiron na elaboración de bombas de semente, que son pequenas bolas de arxila seca que gardan no seu interior sementes. É un método para sementar campos ou revexetar terras de monte. Con esta actividade introducímonos nesta técnica dun xeito manipulativo ao mesmo tempo que abordamos a problemática dos incendios nas Montañas do Courel.
En educación infantil e 1º ciclo de primaria os obradoiros consistiron na elaboración de pegadas de animais con escaiola e barro. O obxectivo foi aprender a identificar os rastros de actividade da fauna máis representativa da Serra do Courel.
Moitas grazas á Asociación Montañas do Courel por contar con nós unha vez máis.
Se queres ver todas as fotos preme AQUÍ
 




 

sábado, 10 de decembro de 2022

MÚSICA DE RAÍZ. FUNDACIÓN LEGAR

O venres, dia 9, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de primaria recibiron na biblioteca do colexio a visita de Martina e Xavier Blanco da Fundación Legar, que lles mostraron moitos e variados instrumentos tradicionales galegos. Xunto cos nenos e nenas, tocaron, cantaron, bailaron e divertíronse moito.
A Fundación Legar ten a súa sé na aldea da Seara e naceu co obxecto de difundir e promover a preservación, conservación, mellora, protección, vixilancia e desenvolvemento da música de raíz.
Foi unha experiencia marabillosa a que viviu o noso alumnado. Sen dúbida contaremos en máis ocasións con Martina e Xavier Blanco.
Se queredes ver todas as fotos, premede AQUÍ






sábado, 3 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A inclusión da discapacidade é condición esencial para o respecto aos dereitos humanos, a paz e a seguridade. Non é so unha cuestión de xustiza, senón unha inversión no noso futuro común.
Aproveitamos a data do 3 de decembro para poñernos na pel de persoas con distintas capacidades e analizar as barreiras.
Por un mundo accesible. Hoxe é todos os días do ano.






venres, 2 de decembro de 2022

VISITA AO CIMAR E AO RÍO SIL AO SEU PASO POR SAN CLODIO

Hoxe, o alumnado de quinto e sexto de primaria visitaron en San Clodio o CIMAR (Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana). Alí, Roberto Castro explicoulles aspectos moi interesantes do noso Xeoparque Montañas do Courel e os distintos métodos de extracción do ouro que utilizaron os romanos. Tamén observaron unha reprodución dunha vivenda castrexa. Sen dúbida unha visita moi didáctica e entretida. Moitas grazas a Roberto por facer unha exposición tan científica e amena.
A continuación merendamos na praia fluvial no río Sil.
Seguimos a estudar e poñer en valor o noso territorio.  
Podedes ver todas as fotos premendo AQUÍ
 



 

RELATOS DE SAMAÍN


 Traballamos a creatividade e a expresión escrita do noso alumnado por medio do conto "Queda sitio na vasoira?".

Proxectamos so as imaxes do conto e a partir delas, as nenas e os nenos crearon os seus propios contos. Esperamos que vós gusten, a nós encantáronos.





Escribindo en Samaín                                                                                               


.

xoves, 1 de decembro de 2022