domingo, 23 de decembro de 2018
sábado, 22 de decembro de 2018
APRENDENDO SOBRE O NOSO TERRITORIO COS ESCORNABOTS
Hoxe aprendimos divertíndonos. Por medio dos escornabots traballamos con taboleiros do noso territorio Montañas de Courel: lugares de interese, flora e fauna; e con outros contidos: instrumentos musicais, seguridade vial etc. Actividade apaixonante!!
DÍA INTERNACIONAL DA SOLIDARIEDADE HUMANA
O día 20 de decembro, xoves, conmemoramos o Día Internacional da Solidariedade Humana. Con tal motivo, todos os alumnos e alumnas de primaria, no horario de tarde, participaron en xogos cooperativos e inclusivos.Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora para os alumnos/as.
xoves, 13 de decembro de 2018
PDI: PROXECTO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
No vestibulo do cole xa podemos admirar os dous grandes murais, realizados polo Equipo da Biblioteca, en relación co proxecto documental integrado co que traballamos este ano: Proxecto Xeoparque Montañas do Courel. Nun deles podemos apreciar como se formou o territorio do Xeoparque coa unión dos tres concellos que o forman: Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga. No outro podemos ver un gran mapa do territorio Xeoparque no que están resaltados os lugares máis emblemáticos do mesmo.
CHARLAS SOBRE PREVENCIÓN DE TRASTORNOS ALIMENTARIOS
O luns, día 10 de decembro, a Asociación CIOR de prevención e axuda aos trastornos da conduta alimentaria, impartiu varias charlas a todo o alumnado do centro e as familias, na biblioteca, para concienciar e previr este tipo de trastornos e educar en hábitos alimentarios saudables.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)