martes, 22 de decembro de 2020
sábado, 19 de decembro de 2020
FÓSILES 3D
Velaquí unha nova creación 3D, un fósil de amonita, un molusco que habitou os mares na era Paleozoica. Agardamos que vos guste!
Outono no Xeoparque
Para despedir o outono nas sesións de plástica bilingüe, en primeiro e segundo creamos unhas vidreiras (suncatcher) coa forma das follas dalgunhas das árbores do noso territorio. Aprendimos o nome destas árbores en galego e inglés: carballo (oak tree), castiñeiro (chestnut tree), faia (beech tree) e sobreira (cork tree). Ademais, repasamos as cores do outono en inglés e, por suposto, adestramos as nosas habilidades manuais e creativas, recortando, picando co punzón e combinando as cores. Mirade que bonitas! Ata o próximo outono! Bye, bye Autumn!
martes, 15 de decembro de 2020
ANIMAIS DO XEOPARQUE
Hello everybody! Durante estes meses de outono nas sesións de plástica bilingüe en primeiro e segundo creamos dúas mascotas (Autumn Pets) que podemos atopar entre a fauna do no noso territorio Xeoparque: o ourizo (hedgehog) e o moucho (owl). Con este pretexto aproveitamos para recordar vocabulario das cores do outono (red, orange, yellow, brown...) así coma do material escolar (scissors, crayon, glue...). Agardamos que vos gusten!
venres, 4 de decembro de 2020
PRIMEIROS PASOS
Este primeiro trimestre retomamos a creación de figuras 3D que quedara interrompida o curso pasado polo confinamento. Comezamos por algo sinxelo pero práctico: chaveiros identificativos de cada curso para as nosas mochilas viaxeiras. Agardamos que vos gusten!
xoves, 3 de decembro de 2020
DÍA DA DISCAPACIDADE
Hoxe na biblioteca conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A actividade consistiu na representación do conto "Lolo, un conejo diferente". Un conto tenro e divertido que mostra que ser diferente non é malo e que todos somos diferentes. Despois do conto, xogamos co abecedario. Os rapaces e rapazas de 2º de EP identificaron as letras cos signos e debuxaron algo que comezara coa letra. Montamos o abecedario no taboleiro de cortiza. Mirade que chulo quedou!! en lingua de signos.
Premer na imaxe para ver as fotos: