luns, 9 de decembro de 2019

VIDEO SOBRE O XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL DO ALUMNADO DE 3º DE EP

Xeoparque Montañas de Courel 🏔 🏔. Capítulo II. Nesta ocasión son os alumnos e alumnas de terceiro xunto coa súa mestra, María José, os que nos presentan este marabilloso vídeo. Montaxe de vídeo e edición a cargo da profe Belén!!

martes, 3 de decembro de 2019

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, día 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidade. Con este motivo as alumnas e alumnos de quinto e sexto de primaria realizaron unha serie de actividades na biblioteca do centro, dirixidos por Sara, xefa de estudos e mestra de pedagoxía terapéutica do colexio.
Premendo na imaxe pódense ver as fotos da actividade.



venres, 29 de novembro de 2019

MANCIÑAS. ASOCIACIÓN DE XORDOS DE GALICIA "XOGA"

A Organización de Xordos de Galicia, Xoga , estivo hoxe na biblioteca do colexio dando a coñecer ao alumnado a lingua de signos a través da actividade "Manciñas" que consistiu nunha charla sobre a lingua de signos e as vantaxes que conleva a súa aprendizaxe e uso. Moitas grazas a Pili e David, polo ben que trasmitiron aos nenos e nenas e o gran interese que despertaron neles/as.








xoves, 28 de novembro de 2019

VELAÍSCA: IGUALDADE E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante o mes de novembro a empresa de animación Velaísca de Chantada realizou varias dinámicas sobre igualdade e prevención da violencia de xénero co alumnado de infantil e primaria do colexio. Estas actividades estiveron organizadas pola ANPA do CEIP.





luns, 25 de novembro de 2019

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NIN UN BIQUIÑO Ä FORZA

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e os nenos de primeiro de primaria, dirixidos pola súa mestra Lorena, gravaron un vídeo sobre esta temática.


xoves, 21 de novembro de 2019

CHARLAS SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL

Durante este mes de novembro, na biblioteca do colexio, o alumnado de infantil e primaria do CEIP recibiu varias charlas sobre educación sexual por parte de Estefanía e Miguel, médicos sexólogos do gabinete Otero Piñán de Lugo. As charlas, interesantísimas, trataron os seguintes temas: Promoción do respecto á diversidade sexual, prevención en violencia de xénero, dereitos sexuais, habilidades sociosexuais. Esta actividade foi organizada pola ANPA do colexio e financiada a través dunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade.




martes, 5 de novembro de 2019

PDI: VIDEO SOBRE O XEOPARQUE MONTAÑAS DE COUREL DO ALUMNADO DE 2º DE EP

O CEIP de Quiroga segue a traballar co Xeoparque Montañas de Courel. Nesta ocasión son as alumnas e alumnos de 2º de EP, dirixidos pola súa mestra Ana Isabel, os que nos demostran todo o que saben sobre o noso territorio. Grazas a profe Belén que gravou, editou e publicou o video. Esperamos que vos guste!!

domingo, 3 de novembro de 2019

ACTIVIDADES DO PDI SOBRE AS MONTAÑAS DO COUREL

Dentro das actividades do PDI da Biblioteca: "Montañas do Courel, un xeoparque moi humano", elaboramos unha credencial para todos os alumnos e alumnas do centro que terán que ir sellando na biblioteca a medida que vaian realizando actividades en relación ao PDI. Unha vez selladas as 10 casillas o obxectivo estará conseguido: ser expertos coñecedores do Xeoparque Montañas do Courel.

mércores, 30 de outubro de 2019

O SAMAÍN E O PDI: MONTAÑAS DE COUREL, UN XEOPARQUE MOI HUMANO

Un ano máis o Samaín chegou ao cole. As cabazas que o alumnado decorou coa axuda das súas familias locen xa no vestíbulo. Son impresionantes e moitas delas terrorificas, outras teñen como tema o Xeoparque. Moitas grazas as familias por colaborar sempre que o colexio llelo pide!!






O SAMAÍN NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Na biblioteca expuxemos unha selección de libros coa temática do Samaín.







CHARLA INTRODUCIÓN AO PDI: AS ALDEAS PALEOZOICAS NO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

O venres, día 25, e hoxe, día 29, estivo no colexio Ramon Vila, xeógrafo, director dos museos de Quiroga e gran coñecedor e impulsor do Xeoparque Montañas do Courel. Nesta ocasión falounos das aldeas paleozoicas do territorio do Xeoparque , das distintas eras xeolóxicas da historia da Terra e dos distintos tipo de pedras que se formaron en cada era e coas que están construidas as aldeas do noso territorio. Como sempre, foi unha exposicion súper interesante e didáctica!! Gracias, Moncho, unha vez mais!!!

Premendo na imaxe accédese ao album de fotos da actividade








martes, 29 de outubro de 2019

MONTAÑAS DE COUREL. UN XEOPARQUE MOI HUMANO. SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE EP A ALDEA PALEOZOICA DE FROXÁN


Seguimos explorando o territorio do Xeoparque Montañas do Courel. Hoxe o alumnado de primeiro e segundo de primaria, acompañados das mestras Ana Isabel, Vania e Lorena visitaron a aldea paleozoica de Froxán , unha caleira en Vilar, a Ferrería de Seoane e a oficina de turismo de Folgoso de Courel. Foron acompañados por Guillermo Díaz Aira, quen os guiou e ilustrou coas súas explicacións!!


Enlace a FOTOS

mércores, 16 de outubro de 2019

CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE

Hoxe, día 16 de outubro, tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos sobre igualdade á cargo da empresa Luna. Contaron o conto "Rosita e Lola". Esta actividade está incluída no Plan de Igualdade do centro e está organizada pola ANPA a través dunha axuda da Secretaría Xeral de Igualdade destinada a actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

FOTOS DA ACTIVIDADE

mércores, 9 de outubro de 2019

martes, 1 de outubro de 2019

CURSO 2019-2020. NOVO PDI: MONTAÑAS DE COUREL. UN XEOPARQUE MOI HUMANO

Comenzamos o curso 2019- 2020 e con el un novo Proxecto Documental Integrado no noso centro. Dende o Equipo de biblioteca tentaremos impulsar e dinamizar este PDI que leva por título: "Montañas de Courel. Un Xeoparque moi humano" Nesta aventura  contaremos coa  estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e de todas as titoras e mestres/as especialistas do centro. Todos unidos pola defensa, conservación, apoio e posta en valor do territorio onde todos vivimos: o Xeoparque Montañas do Courel.
A continuación publicamos o folleto que recolle as actividades propostas polo equipo de biblioteca para este primeiro trimestre.



mércores, 5 de xuño de 2019

CHARLA FUNDACIÓN OSO PARDO

Está mañá, Ana Isabel Fernández, da Fundación Oso Pardo, estivo no colexio impartiendo charlas a todo o alumnado do centro sobre o oso pardo. A Fundación Oso Pardo é unha ONG constituída en 1992, co obxectivo de contribuir ao estudio e conservación do Oso Pardo, así como do seu hábitat e seu entorno natural e cultural. No noso territorio traballan co proxecto Life Oso Courel 





sábado, 25 de maio de 2019

DÍA DE ÁFRICA: MERCADILLO SOLIDARIO

O dia 25 de maio conmemórase o Dia de África e, con este motivo, hoxe levamos a cabo un mercadiño solidario para colaborar coa ONG Miradas al Mundo. Recaudamos 524 euros que entregaremos a dita ONG para axudar aos proxectos que desenvolve en Guinea Bissau.






xoves, 16 de maio de 2019

DÏA DAS LETRAS GALEGAS

Onte, día 16 de maio, conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas. Este ano adicado ao gran galeguista Antón Fraguas. Organizado polo Equipo de Dinamizacion da Língua Galega, o acto consistiu na interpretación, a ritmo de rap, da biografía do autor homenaxeado por parte do alumnado de quinto de primaria; a continuación os diferentes cursos interpretaron poemas de Manuel María, os de Educación Infantil; de Uxío Novoneyra, os de primaria; seguidamente os alumnos e alumnas autores de poemas coa temática do Xeoparque Montañas do Courel leron as súas respectivas creacións; e, xa para rematar, todos xuntos cantamos o Himno Galego. Foi unha tarde moi emotiva de exaltación da nosa língua!!!