sábado, 19 de decembro de 2020

FÓSILES 3D

Velaquí unha nova creación 3D, un fósil de amonita, un molusco que habitou os mares na era Paleozoica. Agardamos que vos guste!



Outono no Xeoparque

Para despedir o outono nas sesións de plástica bilingüe, en primeiro e segundo creamos unhas vidreiras (suncatcher) coa forma das follas dalgunhas das árbores do noso territorio. Aprendimos o nome destas árbores en galego e inglés: carballo (oak tree), castiñeiro (chestnut tree), faia (beech tree) e sobreira (cork tree). Ademais, repasamos as cores do outono en inglés e, por suposto, adestramos as nosas habilidades manuais e creativas, recortando, picando co punzón e combinando as cores. Mirade que bonitas! Ata o próximo outono! Bye, bye Autumn!

martes, 15 de decembro de 2020

ANIMAIS DO XEOPARQUE

Hello everybody! Durante estes meses de outono nas sesións de plástica bilingüe en primeiro e segundo creamos dúas mascotas (Autumn Pets) que podemos atopar entre a fauna do no noso territorio Xeoparque: o ourizo (hedgehog) e o moucho (owl). Con este pretexto aproveitamos para recordar vocabulario das cores do outono (red, orange, yellow, brown...) así coma do material escolar (scissors, crayon, glue...). Agardamos que vos gusten! 

 

venres, 4 de decembro de 2020

PRIMEIROS PASOS

Este primeiro trimestre retomamos a creación de figuras 3D que quedara interrompida o curso pasado polo confinamento. Comezamos por algo sinxelo pero práctico: chaveiros identificativos de cada curso para as nosas mochilas viaxeiras. Agardamos que vos gusten!



xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA DA DISCAPACIDADE

Hoxe na biblioteca conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A actividade consistiu na representación do conto "Lolo, un conejo diferente". Un conto tenro e divertido que mostra que ser diferente non é malo e que todos somos diferentes. Despois do conto, xogamos co abecedario. Os rapaces e rapazas de 2º de EP identificaron as letras cos signos e debuxaron algo que comezara coa letra. Montamos o abecedario no taboleiro de cortiza. Mirade que chulo quedou!! en lingua de signos.

Premer na imaxe para ver as fotos:



venres, 27 de novembro de 2020

CHARLAS DE EDUCACIÓN SEXUAL E DIVERSIDADE SEXUAL

Os días 19 e 26 desde mes de novembro os médicos sexólogos Miguel e Estefanía do Gabinete Otero Piñán de Lugo estiveron no cole dando charla de educación sexual e diversidade sexual a todos os cursos de primaria. Importantísima e necesaria a educación sexual no noso alumnado.







DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES

 O día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres, visitou o Colexio Erika González Miguel coa actividade “ No me dieron el pie y me tomé la mano” dirixida ao alumnado de sexto curso e que se desenvolveu na biblioteca. Tamén estivo co alumnado de primeiro e segundo de primaria cos que desenvolveu a actividade “ El reino del si tú puedes yo puedo”, que tivo lugar no ximnasio. 

Premer na imaxe para ver as fotos


 

martes, 24 de novembro de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO


O mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, así que a semana pasada en infantil fixemos unha morea de experimentos científicos. Queredes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendimos? Pois prestade moita atención e mesmo poderedes repetir na casa os que máis vos gustaron!

O OVO SALTARÍN
Que pasará se deixamos un ovo 48 horas nun frasco de cristal cheo de vinagre? Nas aulas do Corzo Vieiros, a Raposa Marosa e o Esquío Martiño quixemos descubrilo e... Sabedes que pasou? Que cando o sacamos e o lavamos o ovo rebotou! Mirade as fotos e os vídeos! Foi moi divertido!




OVO FRITIDO SEN SARTÉN
Como os ovos saltaríns acabaron rompendo de tanto rebotar aproveitámolos para facer un novo experimento... Cubrímolos de alcohol e... A clara volveuse branca! Parecía un ovo fritido! Aínda que xa sabemos que non se pode comer! 


NEVE ARTIFICIAL
E sabedes como podemos refrescarnos un pouco nestas tardes de outono tan calorosas? É fácil só precisamos un cueiro e auga para facer neve artificial! Abrímolo, quitamos as partículas absorbentes, botámoslles auga e...Mirade! Ata parece que está fría e todo!



O OVO INDESTRUCTIBLE
Ademais, dos tres que xa vos contamos, na clase do Esquío Martiño fixemos outro experimento máis. Metimos un ovo nunha bolsa con auga e outro nunha bolsa con auga e sal. Despois tirámolos dende unha altura de 50 centímetros e... O que tiña sal non rompeu! Era indestructible!


MINI ARCO DA VELLA DE DENSIDADES
Recordades o Arco da Vella de Densidades que fixestes na corentena? Pois na clase do Corzo Vieiros fixemos unha versión reducida. Intentamos mesturar aceite e auga con colorante azul pero por máis que o axitamos sempre sempre se acababan separando!


Se queredes ver máis fotos científicas premede nas seguintes imaxes e accederedes aos álbum de imaxes. Agardamos que vos gusten!

Para ver as fotos dos nenos e nenas do Esquío Martiño premede NA SEGUINTE IMAXE.


Para ver as fotos dos nenos e nenas da Rapoda Marosa premede NA SEGUINTE IMAXE.


Para ver as fotos dos nenos e nenas do Corzo Vieiros premede NA SEGUINTE IMAXE.


Ata a próxima entrada! Un aperta!

CINEMA DE HISTORIAS. RAQUEL QUEIZÁS

Hoxe o alumnado de quinto de primaria tivo a inmensa sorte de asistir na biblioteca ao espectáculo de Raquel Queizás “Cinema de Historias” que nos contou a vida de Alice Guy, directora de cine e actriz francesa, que foi a primeira persoa realizadora de películas de ficción, autora de 1000 películas, pero borrada da historia por ser muller. Como sempre que visita o noso centro, Raquel Queizás, IMPRESIONANTE

Preme na imaxe para ver as fotos


venres, 20 de novembro de 2020

OBRADOIRO DE DEBUXO. ESTEFANÍA PADULLÉS

O pasado martes, día 17, visitou a biblioteca a escritora e ilustradora Estefanía Padullés, quen levou a cabo un obradoiro de debuxo co tema da igualdade, co alumnado de terceiro e cuarto de primaria.  

Preme na foto para acceder ao resto das imaxes.


 

luns, 9 de novembro de 2020

PACO NOGUEIRAS

 Hoxe no colexio tivemos a visita de Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai de aquí a acolá"

Preme  AQUI  para ver as fotos






martes, 6 de outubro de 2020

BRAULIO DOS BOLECHAS VISITA A BIBLIOTECA

Onte, día 5 de outubro, os nenos e nenas de segundo de primaria tiveron a visita de Braulio dos Bolechas, quen lles explicou moi ben para que serve o teléfono de emerxencias, 112, cando se debe usar, como usalo; e tamén, como son as súas instalacións e o seu funcionamento. Esta actividade tivo lugar na biblioteca do colexio .

Premer na imaxe para ver as fotos da actividade



domingo, 17 de maio de 2020

ACTIVIDADE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como outras conmemoracións, as Letras Galegas tocounos celebrala dende a casa, para iso, propuxemos unha actividade sobre Ricardo  Carvalho Calero. 
Aquí vos deixamos un libriño cos traballos que nos fostes envíando.

Premendo na imaxe podedes ver o libro.


Moitas grazas por participar na actividade.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe conmemoramos o Día dasLetras Galegas deixámosvos un folleto informativo sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Nel podedes ler a súa biografía en forma de rap e imaxes dalgunhas das súas obras.



sábado, 9 de maio de 2020

ANIMAIS DO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL EN LINGUA DE SIGNOS

O día 4 de maio, lanzamos nas redes sociais e na web do colexio o reto de adiviñar os nomes dos principais animais do Xeoparque Montañas do Courel en lingua de signos a traves dunha foto dos mestres e mestras do colexio signando estes nomes.

Hoxe, día 9 publicamos as solucións a este reto. Podedes ver as fotos pulsando no ENLACE

luns, 4 de maio de 2020

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Dende o noso colexio queremos propoñervos esta actividade para o Día das Letras Galegas. É unha actividade sacada da web Primavera das Letras, e que pensamos que é moi apropiada para axudarnos a levar un pouco mellor estos días, posto que nos temos que imaxinar nalquel lugar no que nos encantaría estar e redactalo ou debuxalo.
Se non dispoñedes de impresora podedes facelo en folio, e enviarllo ao mail das vosas titoras escaneado ou por fotografía. O prazo é ata o 8 de maio.

ED. INFANTIL



ED. PRIMARIA


xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Este curso toca conmemorar o Día do Libro dende os nosos fogares. Son días difíciles pero grazas á literatura podemos viaxar, soñar e imaxinar. Porque os libros son, en definitiva, unha ventá ó mundo.
Neste vídeo recompilamos as fotografías do alumnado e o profesorado co noso libro favorito. O que máis nos axudou a evadirnos, co que máis desfrutamos, co que máis aprendimos ou... o que nos gustaría compartir!
Son tempos de compartir virtualmente e á espera de volvernos xuntar para ler e contar, aquí vos deixamos as nosas recomendacións literarias. Moito ánimo a todos e non deixedes de ler!

domingo, 22 de marzo de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

OBRADOIRO DE INCLUSIÓN NA SEMANA DA PRENSA


O pasado xoves 12 de marzo, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria participaron nun obradoiro na biblioteca. Conmemorando a semana da prensa, o alumnado tivo que superar varios retos ocultos en novas. Traballando en equipo, todos conseguiron traducir un titular en braille, aprenderon palabras en lingua de signos e coñeceron as seccións dun xornal clasificando titulares reais relacionados coa diversidade. Diseñaron un boceto para a impresora 3D coa finalidade de que o puideran tocar persoas con discapacidade visual.  Ademáis, descubriron que é a lectura fácil, cal é o seu obxectivo e a identificamos en libros da nosa biblioteca escolar.

Estas actividades están enmarcadas no programa Inclúe-t, que desenvolve medidas para fomentar e mellorar a inclusión no centro.






O CEIP DE QUIROGA NA PRENSA

Ao longo da semana da prensa fixemos varias actividades, unha delas foi facer unha selección de novas nas que sae o noso colexio ao longo dos anos para ir colocando nun mural.
Pinchando na imaxe podedes ver algunhas delas.


xoves, 12 de marzo de 2020

IMPRESORA 3D

Onte comenzamos a traballar coa impresora 3D. O alumnado de 4º de primaria foi o primeiro en aprender como se usa e imprimir unha letra. Aprenderon a acendela, viron por onde sae o filamento e como se cambia cando se acaba, tamén como se saca a cama de impresión e que hai que poñerlle laca para que se agarre ben a peza. Despois buscaron na aplicación Voladd, no banco de imaxes, a letra U e déronlle a imprimir. Puideron ver como ía imprimindo.
Mentres imprimía entramos no programa Dibuprint e aprenderon a usalo.
Nas imaxes podedes ver o traballo.