Está mañá, Ana Isabel Fernández, da Fundación Oso Pardo, estivo no colexio impartiendo charlas a todo o alumnado do centro sobre o oso pardo. A Fundación Oso Pardo é unha ONG constituída en 1992, co obxectivo de contribuir ao estudio e conservación do Oso Pardo, así como do seu hábitat e seu entorno natural e cultural. No noso territorio traballan co proxecto Life Oso Courel
Amosando publicacións coa etiqueta PDI: Proxecto Xeoparque Montañas de Courel b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI: Proxecto Xeoparque Montañas de Courel b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 5 de xuño de 2019
mércores, 15 de maio de 2019
ANDAINA POLA DEVESA DA ROGUEIRA
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria acompañados dos mestres/as, María José, Javier e David, e de Guillermo Díaz Aira, de Tourgalia, fixeron onte unha andaina pola Devesa da Rogueira e visitaron o Val das Mouras, ambos lugares no concello de Folgoso de Courel. Con esta actividade preténdese que os nenos e nenas coñezan e valoren o marabilloso territorio no que viven: o Xeoparque Montañas de Courel.
venres, 3 de maio de 2019
EXCURSIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL AO VAL DAS MOURAS
As nenas e os nenos de educación infantil exploraron hoxe o territorio Xeoparque Montañas de Courel. Acompañados/as das súas mestras e do arqueólogo Iván Alvarez Merayo visitaron o Val das Mouras e outros lugares de interese. Aprenderon moito da nosa marabillosa paisaxe, pasárono moi ben e o tempo axudoulles moito.
mércores, 27 de marzo de 2019
DEPORTES NO TERRITORIO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
O profesor de educación física, Rafa, impartiu unha interesante charla, na biblioteca do cole, sobre os deportes que se practican no territorio Xeoparque Montañas de Courel. Foi unha actividade que interesou moito a alumnos/as e mestres/as. Moitas grazas, Rafa!!
DÍA DA POESÍA
21 de marzo, Día Internacional da Poesía. As alumnas e alumnos de quinto e terceiro de primaria demostraron ser grandes poetas e adicaron os seus poemas ao Territorio Xeoparque Montañas do Courel.
luns, 4 de marzo de 2019
PROXECTO XEOPARQUE MONTAÑAS DE COUREL E O ENTROIDO
O venres, día 1 de marzo, celebramos o Entroido e, como non podía ser menos, tendo como protagonista ao noso PDI, apoiando a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO das Montañas do Courel. Fomos vestidos de exploradores estudosos do territorio. Recorrimos a Rúa Real, acompañados dun gran oso do Courel e portando unha gran pancarta que nos acreditaba como estudosos do Xeoparque. O noso traxe estaba composto por chaleco, gorro, prismáticos e unha chapa conmemorativa. Esperamos que vos gustase tanto como a nós.
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeoaprkProject
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeoaprkProject
xoves, 31 de xaneiro de 2019
PDI XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. MURAL DO DÍA DA PAZ
Hoxe, 30 de xaneiro,
conmemoramos o Día escolar da paz e a non violencia, e como non podía ser
doutro xeito, o noso mural da paz ubicouse no Xeoparque Montañas do Courel. No
colexio imaxinamos un territorio onde todas as especies convivimos en paz:
homes , mulleres, osos , lobos, aguias, raposos, ovellas, esquíos, serpes etc.
Por unha convivencia en paz no Territorio Xeoparque Montañas de Courel!!
Aprendamos a convivir en harmonía todos xuntos!!
martes, 29 de xaneiro de 2019
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

















































