As nenas e os nenos de educación infantil exploraron hoxe o territorio Xeoparque Montañas de Courel. Acompañados/as das súas mestras e do arqueólogo Iván Alvarez Merayo visitaron o Val das Mouras e outros lugares de interese. Aprenderon moito da nosa marabillosa paisaxe, pasárono moi ben e o tempo axudoulles moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario