mércores, 30 de novembro de 2016

Ambientamos a nosa biblioteca cunha porta de entrada moi peculiar.



Buscamos libros, filmes e outros documentos sobre o tema. Ata a nosa mascota Lily vestíuse de romana como corresponde. Estache ben fermosa...




mércores, 9 de novembro de 2016

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: "CASTREXOS E ROMANOS"

Este curso, dende a biblioteca do CEIP de Quiroga, impulsamos o proxecto documental integrado (PDI) "Castrexos e romanos". O punto de partida do noso proxecto foron unha serie de charlas impartidas aos alumnos e alumnas polo técnico de cultura do concello e director dos museos da vila, Ramón Vila Anca.
Ramón guiounos, a través dunha serie de diapositivas comentadas por el, polos vestixios castrexos e romanos da nosa contorna. Os alumnos e alumnas  aprenderon a valorar o noso valioso patrimonio castrexo-romano, que para a maioria deles era descoñecido.







luns, 20 de xuño de 2016

MENÚ GAÑADOR NO NOSO COMEDOR

O menú gañador de alimentación saudable e equilibrada está composto polos seguintes pratos:
- 1º PRATO: Ensalada de pasta con polbo.(Brais 5º Ed Primaria)
- 2º PRATO: Coello con guarnición de champiñóns.(Diego 5º Ed Primaria)
- SOBREMESA: Iogur con plátano natural.(Ruth 6º Ed Infantil)



 







venres, 3 de xuño de 2016

Contacontos Iago



O venres 3 de xuño visitounos o contacontos Iago. Nesta ocasión contounos un fermoso conto que falaba dun lobo feroz e o seu sobriño lobiño. Pasámolo xenial!!! Podedes ver máis fotos picando na imaxe:

xoves, 26 de maio de 2016

Certame de Narración e Debuxos Letras Galegas 2016

En colaboración coa Biblioteca Municipal de Quiroga os nenos e nenas do CEIP de Quiroga colaboraron entregando os seus debuxos e narracións, sendo premiados algúns deles.

TRABALLAMOS NA ELABORACIÓN DE CÓMICS

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria iniciáronse no manexo da aplicación "Play Comics", para elaborar os seus propios cómics:


luns, 2 de maio de 2016

Proxecto Xermoliño. 5º Ed Infantil

CURSO: 5º EDUCACIÓN INFANTIL

TITOR: VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ


Durante o curso 2015-2016 o CEIP de Quiroga participamos no programa Xermoliño, cos seguintes obxectivos:

- Integrar o programa "Proxecto Xermoliño" nos diferentes proxectos da aula.
- Influir na adopción de hábitos saudables no alumnado e nas súas familias.
- Desenvolver a imaxinación e a creatividade na elaboración das brochetas e illa pirata.
- Promover o uso das TIC mediante a creación de actividades interactivas sobre a froita.
- Promover o consumo de froita no recreo e no fogar.
- Probar froitas que non comemos habitualmente.
- Gozar elaborando receitas e actividades lúdicas con froitas de tempada.


Na aula de 5º de Educación Infantil traballamos as froitas de diferente xeito:

- Na primeira semana  fixemos unha rica macedonia de froitas. Os nenos e nenas cortaron melocotón en almíbar, plátano, mandarina e pera. Estaba boísima!!!


 




Ademais, polo Samaín, fixemos pantasmas con plátanos e cabazas con mandarinas. Quedáronnos así de terroríficas:



- Na segunda semana de froita fresca estivemos traballando na Pizarra Dixital Interactiva con actividades dixitais elaboradas polo titor de 5º de Ed Infantil: Vicente Rodríguez Díaz.
Para ver máis fotos preme na imaxe:


Ademais, os nenos e nenas de 5º de Infantil elaboraron as súas propias "brochetas de froita". Estaba boísima!!!



 
   

- Na terceira semana de froita fresca  decidimos realizar un obradoiro todo o alumnado de Educación Infantil para elaborar unha illa pirata con froitas. Aquí vemos o resultado:







Con expectativas de seguir traballando a importancia das froitas na nosa alimentación, o vindeiro curso traballaremos as froitas elaborando con elas diferentes debuxos e facendo máis receitas de cociña: marmelada, batido de froitas, etc

PASÁMOLO XENIAL COMENDO E TRABALLANDO COA FROITA

ANEXOS: ACTIVIDADE INTERACTIVA:


venres, 29 de abril de 2016

Hoxe merenda de vexetais!!! Ummmmm!!!

En Educación Infantil fixemos dous murais relacionados coas froitas e con dous contos: "A oruga glotona" e "Os Bolechas fan unha merenda con vexetais".

sábado, 23 de abril de 2016

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

DÍA DO LIBRO 2016


ACTIVIDADE LIM:

PRESENTACIÓN VIDA DE CERVANTES:

Nada mellor que "celebrar" o aniversario, 400 anos nada menos, da morte do escritor español máis coñecido en todo o mundo.

Neste día tan especial para os lectores, entre os que me inclúo, é apropiado saber máis sobre a vida deste insigne alcalaíno. Para iso... Pica na imaxe.
Para festexar esta efemérides podemos deambular por unha páxina concibida ao uso 400CERVANTES. Nela imos atopar a súa Biografía cun mapa de fondo que se vai movendo polos lugares que percorreu e a Axenda de actos e eventos que sobre Cervantes terán lugar. É moi interesante.



E agora un pouco de humor co escritor como protagonista...

domingo, 17 de abril de 2016

Produtos do noso concello

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron diferentes murais sobre os produtos máis típicos do noso concello. Aquí temos algúns resultados:

 





martes, 29 de marzo de 2016

Alimentación en English

Na aula de Lingua estranxeira: Inglés, tamén se traballou o tema da alimentación coa elaboración de carteis e receitas en lingua inglesa.