sábado, 25 de maio de 2019

DÍA DE ÁFRICA: MERCADILLO SOLIDARIO

O dia 25 de maio conmemórase o Dia de África e, con este motivo, hoxe levamos a cabo un mercadiño solidario para colaborar coa ONG Miradas al Mundo. Recaudamos 524 euros que entregaremos a dita ONG para axudar aos proxectos que desenvolve en Guinea Bissau.






xoves, 16 de maio de 2019

DÏA DAS LETRAS GALEGAS

Onte, día 16 de maio, conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas. Este ano adicado ao gran galeguista Antón Fraguas. Organizado polo Equipo de Dinamizacion da Língua Galega, o acto consistiu na interpretación, a ritmo de rap, da biografía do autor homenaxeado por parte do alumnado de quinto de primaria; a continuación os diferentes cursos interpretaron poemas de Manuel María, os de Educación Infantil; de Uxío Novoneyra, os de primaria; seguidamente os alumnos e alumnas autores de poemas coa temática do Xeoparque Montañas do Courel leron as súas respectivas creacións; e, xa para rematar, todos xuntos cantamos o Himno Galego. Foi unha tarde moi emotiva de exaltación da nosa língua!!!





mércores, 15 de maio de 2019

ANDAINA POLA DEVESA DA ROGUEIRA

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria acompañados dos mestres/as, María José, Javier e David, e de Guillermo Díaz Aira, de Tourgalia, fixeron onte unha andaina pola Devesa da Rogueira e visitaron o Val das Mouras, ambos lugares no concello de Folgoso de Courel. Con esta actividade preténdese que os nenos e nenas coñezan e valoren o marabilloso territorio no que viven: o Xeoparque Montañas de Courel.






martes, 14 de maio de 2019

CONTACONTOS O MAGO MOURE

O contacontos Brais Moure estivo onte no colexio facendo a delicia dos máis pequenos. Brais coa súa personaxe de O Mouro Moure levou as nenas e nenos a unha viaxe fantástica ate a Galicia Máxica de Antón Fraguas a través do bosque que viaxa dentro da súa maleta.





venres, 3 de maio de 2019

EXCURSIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL AO VAL DAS MOURAS

As nenas e os nenos de educación infantil exploraron hoxe o territorio Xeoparque Montañas de Courel. Acompañados/as das súas mestras e do arqueólogo Iván Alvarez Merayo visitaron o Val das Mouras e outros lugares de interese. Aprenderon moito da nosa marabillosa paisaxe, pasárono moi ben e o tempo axudoulles moito.