Este curso, para conmemorar o Día da Poesía, utilizamos a técnica do caligrama. Compuxemos un por clase coa temática do noso PDI: Un territorio con moita historia.
venres, 22 de marzo de 2024
xoves, 21 de marzo de 2024
VISITA A CASTRO CALDELAS
O martes 19 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria, realizau a saída desde trimestre. Visitaron o Castelo de Castro Caldelas, onde Noemí, a guía, explicoulles as partes do mesmo e os usos das estancias. Aproveitaron tamén para realizar dous obradoiros moi interesantes: os alumnos e alumnas de terceiro deseñaron o seu propio castelo e os alumnos e alumnas de cuarto, fixeron o propio cun selo medieval inspirándose no que aparece no documento "Foro de Castro Caldelas".
martes, 19 de marzo de 2024
SEMANA DA PRENSA
Con motivo de celebración da Semana da Prensa, visitounos na biblioteca do colexio Carlos Julio González, exalumno do CEIP, onde cursou as etapas de educación infantil e primaria. Carlos, creador do blog “Diario de Quiroga”, vén traballando en distintos medios de comunicación como o xornal “ El Progreso”, a TVG en “ Galicia en goles”, a RTM de Quiroga, Onda cero Valdeorras … Carlos explicou ao alumnado de quinto e sexto de primaria como se fai un xornal, como se edita e se publica cada día, e cales son as súas seccións. Os nenos e nenas poideron poñer en práctica estas ensinanzas, elaborando o seu propio xornal. Moitas grazas, Carlos, por tan extraordinaria exposición e posterior actividade, e benvido ao teu cole!!Pódense ver as fotos da actividade premendo na imaxe:
luns, 11 de marzo de 2024
VISITA A PONFERRADA: CASTELO E MUSEO DA ENERXÍA
O martes, día 5 de marzo, os alumnos e alumnas de 5°e 6° de primaria viaxaron á cidade de Ponferrada para visitar o Museo da Enerxía e o castelo. No museo coñeceron as súas instalacións, que foron no século pasado unha central térmica, e cuxo funcionamento lles explicaron; e tamén, levaron a cabo un obradoiro de construción dunha máquina simple: un boneco seguindo unhas instrucións.
venres, 8 de marzo de 2024
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Este curso, para conmemorar o Día Internacional da Muller, traballamos coa técnica de tecido de Victoria Villasana sobre retratos de mulleres relevantes da nosa localidade. Podemos ver o resultado premendo na foto: