mércores, 15 de xaneiro de 2025
martes, 14 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVO CONTEXTO DIXITAL
O Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga organizou un obradoiro sobre "Violencia de xénero e novo contexto dixital", que foi impartido por Pantallas Amigas. Esta actividade estivo financiada pola Dirección Xeral da loita contra a violencia de xénero, da Xunta de Galicia.
mércores, 8 de xaneiro de 2025
Nezha Robot Kit e Historia Interminable
Cando mesturamos motivación e lectura conseguimos actividades moi significativas e engadimos un compoñente máis ao pracer de ler e adentrarnos en novas historias. Neste caso un robot apareceu na nosa biblio, comprobamos que estaba programado cunha Microbit e que se accionábamos un pulsador botábase a andar. Fixémolo e levounos a un conto para ler na nosa aula e a partires deste, crear outras marabillosas historias.
COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL: CREAMOS POEMAS DE NADAL
A proposta da Bibblioteca pública, participamos nun concurso de poemas de Nadal. O maiores do colexio, convertíronse en magníficos poetas. Aquí tedes unha mostra do seu talento literario.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)