martes, 5 de decembro de 2023
XA TEMOS IMAGOTIPO. XORNADA ELECTORAL
mércores, 29 de novembro de 2023
PDI: BUSCAMOS UN IMAGOTIPO
No colexio estamos a traballar cun proxecto documental integrado que leva por título “Un territorio con moita historia”. Estamos a buscar un imagotipo para este proyecto. Para iso todos os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria crearon os seus propios deseños. Todo o alumnado do colexio votará democráticamente, o próximo día 5, cal será o imagotipo que represente o noso proxecto. Estes son os deseños finalistas presentados polos seus creadores.
venres, 3 de novembro de 2023
VISITA A UN MUÍÑO DE ACEITE
O luns 30 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria, realizou a primeira das saídas programadas para este trimestre.
xoves, 2 de novembro de 2023
FESTEXAMOS O SAMAÍN
Coma anos anteriores, dende o cole festexamos o Samaín en colaboración coas familias.
Este curso, pedimos que os nenos e nenas trouxeran da casa un sombreiro decorado con elementos de Samaín: bruxas, arañas, ollos, morcegos, teas de araña...non faltou detalle.
Os resultados foron espectaculares. Temos verdadeiros artistas!!! Por suposto miles de grazas ás familias pola implicación.
Ata o ano que ven Samaín...!!
mércores, 1 de novembro de 2023
OBRADOIRO DE SAMAÍN: AS FAMILIAS COLABORAN COA BIBLIOTECA ESCOLAR
O luns, día 30 de outubro, Mayte, a nai de Irene de sexto de primaria, levou a cabo un obradoiro de manualidades co alumnado desa aula. Os nenos e as nenas desfrutaron moitísimo e crearon uns adornos moi terroríficos. Moitas grazas Mayte!!
martes, 31 de outubro de 2023
DÍA DAS ESCRITORAS: PRESENTACIÓN DO LIBRO "UNHA ESTRELA PARA AMINA"
Para conmemorar o Día das Escritoras (17 de outubro) visitou a biblioteca do centro a escritora Celia Díaz Núñez, que presentou ao alumnado de 5º e 6º de primaria a súa obra "Unha estrela para Amina", que é un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoa s que están refuxiadas e das que ninguén quere saber.
Celia Díaz Núñez naceu no Páramo (Lugo) `pero pasou toda a súa infancia e xuventude en Quiroga, onde aínda vive a súa familia. Desenvolveu a súa actividade docente en Ourense como profesora de ensino secundario e universitario.
En Galaxia publicou na colección Literaria a novela Unha verdade amarga e o libro de relatos Corte e confección, e para o público xuvenil as novelas A boca do monte (colección Costa Oeste, finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016), Rugando, o misterio do cuarto secreto (colección Costa Oeste, Premio Pura e Dora Vázquez 2012) e a obra teatral Unha estrela para Amina (colección Árbore, Premio O Facho de Teatro Infantil 2019).
Publicou ademais a novela xuvenil Adeliña (Premio Pura e Dora Vázquez, 2003) e as obras teatrais Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, 2004), O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio O Facho de Teatro Infantil 2016) e Velaí vai o papaventos (2014).
É tamén autora do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra (1995) e de materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.
martes, 24 de outubro de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN DE USUARIOS
A Formación de Usuarios da Biblioteca este curso corre a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria, que nos explican o seu funcionamento a través dun vídeo co que se pretende: dar a coñecer os diversos recursos da biblioteca, formar aos distintos usuarios no manexo das ferramentas que a biblioteca pon a súa disposición e ensinar os diferentes recunchos da biblioteca.
luns, 23 de outubro de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN LEGAR
O día 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas, con este motivo a Biblioteca pública municipal brindou ao noso alumnado a posibilidade de vivir un espectáculo marabilloso a cargo da Fundación Legar. Unha vez máis quedamos encantados coa actuación de Martina e Xavier. Esta actividade foi realizada no ximnasio do colexio, por falta de espazo na biblioteca para acoller a todo o alumnado e foi debida a estreita colaboración entre a nos biblioteca e a biblioteca municipal.
mércores, 18 de outubro de 2023
PDI: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA
Comezamos curso e comenzamos novo proxecto Documental Integrado. Traballaremos a historia do noso territorio desde diferentes puntos de vista.
Este PDI titulado "Un territorio con moita historia" está enmarcado no Plan Proxecta , dentro da liña de actuación Proxecto Terra.
luns, 25 de setembro de 2023
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA
Este curso queremos traballar o noso territorio dende un enfoque histórico a través da pegada dos nosos devanceiros e devanceiras. Traballaremos de xeito transversal todos os conceptos relacionados coa historia da nosa comarca e afondaremos nos espazos e os lugares que habitamos ao longo do tempo para conectalos co noso sentido como pobo.
Como portada do portfolio do alumnado onde recolleran todos os traballos relacionado co PDI. a profe Belén deseñou unha portada que recompila parte do nosa historia.
xoves, 8 de xuño de 2023
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE ARTÍSTICO E ELABORACIÓN DUN VIDEO CÓMIC
O alumnado de sexto estivo traballando na realización dun video cómic. Crearon e seleccionaron personaxes de cómic, pensaron no vínculo que poderían ter entre eles, elaboraron un guión e as diferentes escenas que terían que gravar, traballaron na caracterización dos seus personaxes, gravaron nun croma, aprenderon un pouquiño sobre a edición de video e, sobre todo, colaboraron entre eles, axudáronse e puxeron ilusión e empeño para lograr un marabilloso produto final.
Engadimos tamén imaxes do día de caracterización e gravación no que Zeltia de LOAN, acudiu ao cole para facer realidade o soño destes nenos e nenas e conseguir caracterizalos tal e como eles querían.
VIDEO CÓMIC " SUPERHEROES DE QUIROGA"
martes, 6 de xuño de 2023
ESCRITURA CREATIVA DO LIBRO ILUSTRADO " EL LÁPIZ" DE HYEEUN KIM.
Para conmemorar o día do medio ambiente, o alumnado de sexto de primaria escribiu un texto a partires do libro ilustrado " El lápiz". O alumnado apreciou a marabilla de libro da ilustradora coreana Hyeeun Kim, e inspirados polas súas imaxes, moi realcionadas coa natureza, elaboraron unha historia.
venres, 2 de xuño de 2023
OBRADOIRO DE BORDADO EN ILUSTRACIÓN "TECENDO SOÑOS"
Alumnas e alumnos de 5º e 6º de educación primaria levaron a cabo un obradoiro de bordado en ilustración, inspirados na artista mexicana Victoria Villasana. Quedamos marabillados co resultado pero sobre todo, co proceso. Foi incrible observar o proceso creativo, onde a colaboración entre eles, a calma, a concentración e a expresión artística foi a tónica destes días de costura. Aquí vos deixamos un video resumo dos resultados e de todo o proceso.
xoves, 1 de xuño de 2023
XORNADA DE ANIMACIÓN CON BRANCA VILLARES
O día 25 de maio visitounos Branca Villares a través dunha actividade organizada pola ANPA. Deleitounos con cantigas e bailes. Desfrutamos moito da súa actuación! Moitas grazas pola túa visita, desexamos que volvas pronto!
martes, 30 de maio de 2023
DINÁMICA: MÚSICA DE RAÍZ. FUNDACIÓN LEGAR
O alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutou na biblioteca dunha animada dinámica a cargo de Martina e Xavier da Fundación Legar, os que lles ensinaron gran variedade de instrumentos musicais que fabricaban os nosos antepasados cos materiais que nos proporciona a natureza.
Durante esta actividade, os nenos e nenas puideron coñecer máis sobre a música étnica, folk e de patrimonio cultural, grazas a esta entidade formada para difundir, promover e preservar a música de raíz.
Podedes ver as fotos premendo na imaxe
xoves, 25 de maio de 2023
CONSTRUÍMOS CIRCUITOS ELÉCTRICOS
Na tarde do martes 23 de maio, o alumnado de terceiro e cuarto de EP, realizou un obradoiro para construir un circuito eléctrico seguindo as instrucións dadas por Ángel, pai dun alumno deste centro e técnico electricista de Iberdrola que traballa no encoro de San Martiño.
martes, 23 de maio de 2023
PROBAMOS FROITAS EXÓTICAS
No cole de Quiroga tivemos a visita de Julio Ferrín, propietario da tenda "As 3 en cunca". Explicou ao alumnado que é o comercio de proximidade, a importancia e o impacto que ten na nosa vila.
mércores, 17 de maio de 2023
ENTREGA DE PREMIOS "DÍGOCHO EU"
Os nosos nenos e nenas coas súas profes estiveron en Santiago, na Cidade da Cultura, recollendo o premio do concurso de vídeos "Dígocho eu". Neste concurso participaban centros de toda Galicia.
Podemos ver as fotos premendo na imaxe:
DÍA DAS LETRAS ALEGAS PREMIO "DÍGOCHO EU". QUIROGA TERRA DE RÍOS
O colexio participou no concurso de videos do programa da TVG "Dígocho Eu", onde obtivemos o premio especial do xurado na categoría de vídeos gravados polos propios centros de primaria.
O noso video titulábase "Aprendemos a falar dos ríos con xeito" e forma parte do noso PDI: Quiroga, terra de ríos
martes, 9 de maio de 2023
"INFOGRAFÍA INTERACTIVA"
Hai unhas semanas, os nenos e nenas de cuarto, acompañados de compañeiros e compañeiras de sexto, aprenderon a usar as placas makey makey. Ao longo daquel obradoiro pensaron varias utilidades. Unha delas foi a de facer unha infografía dos ríos de Quiroga interactiva, dotandoa de son. Así, aqueles nenos do cole que non saben ler, tamén teñen a posibilidade de entender a parte escrita. Pois ben, aquí tedes o resultado. Están encantados!
EXPOSICIÓN DO "OBRADOIRO DE COLLAGE E FOTOGRAFÍA" DE MARK RITCHIE.
Marabilla de exposición co produto final do obradoiro no que participaron os alumnos e alumnas de primerio, segundo e terceiro de primaria. Creatividade en estado puro!