Amosando publicacións coa etiqueta animacion á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animacion á lectura. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de outubro de 2026

O PODER DO BRINDO

O alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP de Quiroga participou no obradoiro “ O poder do brindo” impartido por Nuria Penas e Manoele Pardo, dentro do programa Enregueifate.
A actividade desenvolveuse a través do proxecto de normalización lingüística impulsado conxuntamente polos tres concellos do Xeoparque Montañas do Courel: Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.
Unha experiencia para xogar coas palabras, potenciar a expresión oral e achegarse á tradición galega desde a creatividade e a improvisación.





luns, 21 de setembro de 2026

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE PASATEMPOS

O pasado venres 18, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou nun divertido e creativo obradoiro de elaboración de pasatempos, impartido pola escritora Celia Díaz Núñez.

Ao longo da actividade, as nenas e os nenos puxeron a proba a súa imaxinación, creatividade e coñecementos para crear os seus propios pasatempos, ao tempo que gozaron da lingua galega dunha maneira lúdica e participativa.

A actividade foi organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, ao que agradecemos esta iniciativa e a oportunidade de achegar o alumnado á creación literaria e ao uso do galego.

Moitas grazas, Celia, por compartir connosco a túa creatividade!





venres, 5 de xuño de 2026

xoves, 21 de maio de 2026

ANIMACIÓN Á LECTURA CON ESTUDIO GNOMO

O alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria gozou dunha xornada moi especial da man de Estudio GNOMO, quen nos achegou ao marabilloso universo do seu conto “Pelo de nube”.

Ao longo do obradoiro, os nenos e nenas participaron activamente nunha experiencia chea de creatividade, emocións e aprendizaxes. A través da historia, descubriron unha mensaxe moi importante: todas as persoas somos diferentes, e precisamente esas diferenzas son as que nos fan únicos e especiais.

“Pelo de nube” axudounos a reflexionar sobre o valor da diversidade, da empatía e do respecto polos demais, fomentando actitudes positivas cara ás distintas formas de ser, sentir e vivir. Ademais, o alumnado desfrutou compartindo ideas, expresións e sentimentos nun ambiente lúdico e participativo. Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que deixará unha pegada especial nos nosos pequenos e pequenas






martes, 5 de maio de 2026

ALUMNA DE 5ª DE PRIMARIA PREMIADA NO CONCURSO DE RELATOS XOSÉ DE ARXERIZ

 Valentina Aguado, alumna de 5º de Primaria obtivo 2ºpremio no I Certame Literario Escolar "Xosé de Arxeriz", organizado polo Ecomuseo Pazo de Arxeriz e patrocinado pola Fundación Xosé Soto de Fión.

Este primeiro certame literario escolar ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria en lingua galega e promover os valores culturais, etnográficos, históricos e ecolóxicos de Galicia.

Ao certame, dirixido ao alumnado do último ciclo de Educación Primaria (5 e 6º curso) e calquera ciclo da ESO nos centros educativos da comunidade autónoma de Galicia, presentáronse máis de 60 traballos dende 7 centros educativos.

“Martiño e Uxía, dous heroes entre o lume”, foi a obra presentada por Valentina Aguado, á que o xurado lle ven de outorgar o segundo premio na categoría de 5º e 6º de primaria, dotado con 300 € e un diploma de finalista.

mércores, 1 de abril de 2026

CONTACONTOS: EREA MORA

 O pasado 27 de marzo, a biblioteca do noso colexio encheuse de maxia coa visita da actriz e contacontos Erea Mora

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivo a oportunidade de gozar dunha sesión chea de historias, imaxinación e emoción, na que a narración oral foi a gran protagonista.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que espertou o gusto pola lectura e fixo voar a creatividade dos máis pequenos.
Moitas grazas, Erea, por compartir connosco o teu talento e facer da biblioteca un lugar aínda máis especial



martes, 24 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA

 

Para finalizar o trimestre celebramos o Día da Poesía lendo algún dos poemas sobre temática ambiental e paisaxe premiados no noso concurso escolar “Un xeoparque en verde”. Aquí quedan algunha das imaxes dese evento.






luns, 29 de setembro de 2025

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O venres, día 26, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou, xunto co alumnado do CEIP de San Clodio, nun obradoiro de regueifas organizado polo departamento de normalización lingüística do concello de Quiroga. O obradoiro foi impartido polos regueifeiros: Luís “O Caruncho” e Pinto d’Herbón.

Foi unha actividade, ademáis de didáctica, moi divertida!






luns, 12 de maio de 2025

AS FAMILIAS CONTAN CONTOS

Un ano máis contamos coa colaboración das familias do alumnado de educación infantil que viñeron a contar contos aos máis peques na nosa biblioteca. Esta actividade comezámola na semana do libro no mes de abril e estendeuse ata mediados do mes de maio. O noso agradecemnto ás familias que fixeron tan felices aos nosos nenos e nenas.







mércores, 7 de maio de 2025

PRESENTACIÓN DO LIBRO "A ABOA CANTA COMO A COTOVÍA"

Hoxe visitou de novo o noso colexio a escritora Celia Díaz Núñez. Nesta ocasión foi para falarnos da súa novela "A avoa canta como a cotovía", que o alumnado de 5°e 6° xa tiña lido coas súas titoras na aula e tamén aprendido as cantigas co mestre de música. Unha historia que enganchou ao alumnado e que ten como protagonistas a un neno e a súa avoa enferma de Alzheimer e como a música, as cantigas tradicionais, lle aledan a vida.
Foi apaixoante a lectura desta obra.
Foi un privilexio contar coa presenza da súa autora na nosa biblioteca.
Foi interesante achegarnos ao coñecemento da enfermidade do alzheimer .
Foi fantástico cantar todos xuntos cantigas tradicionais que forman parte do noso patrimonio cultural.
Si, foi realmente emocionante.
En definitiva, pódese afirmar que: " As nosas rapazas e rapaces cantan como a cotovía".
Moitísimas grazas, Celia.





venres, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

Para conmemorar a Semana do Libro, o alumnado de sexto de primaria preparou unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de infantil: na biblio, no patio, ao carón dunha árbore … diferentes espazos do cole nos que os/as máis peques puideron desfrutar dun rato marabilloso cos compañeiras/as maiores. Sen dúbida unha experiencia moi gratificante para ambos grupos!!






venres, 28 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALIA: POEMARIO

Para conmemorar o Día de Rosalía o alumnado de primaria creou poemas a partir dun verso sacado dalgún dos poemas de Rosalía.