mércores, 28 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 

Unha referente! Unha guerreira! Unha defensora da nosa lingua! Rosalía … Se ti soubeses …
Un marabilloso vídeo creouse na biblioteca.









martes, 20 de febreiro de 2024

OBRADOIRO DE CÓMIC

 Hoxe visitounos na biblioteca do colexio Xosé Manuel Fernández Montes “Hermanager” que impartiu un obradoiro de cómic ao alumnado de quinto e sexto de primaria. Foi una actividade moi proveitosa que espertou moito interese entre os nenos e as nenas. Moitas grazas Xosé Manuel! Esperamos que pronto nos visites de novo!












venres, 16 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 Hoxe houbo en Quiroga unha xuntanza dos habitantes dos castros do territorio. Así, desfilaron pola Rúa Real os castrexos e castrexas de Castro Dares, Castro da Torre, Castro de Vilar e Castro de Penadominga. Ataviados coas súas mellores galas, encheron de colorido a nosa vila.

Podedes ver todas as fotos premendo na imaxe:



xoves, 8 de febreiro de 2024

DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA

 Un ano máis a Carreira Solidaria coa ONG Save the Children foi un gran éxito, grazas a xenerosidade das familias do noso alumnado. Hoxe ingresamos no banco 463,30 €. Grazas, grazas, grazas






martes, 6 de febreiro de 2024

ROTEIRO LITERARIO

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria, iniciaron o mes de febreiro realizando o roteiro literario pola vila e arredores de Quiroga, acompañados polo director dos museos de Quiroga, Ramón Vila.

Para esta saída, preparamos a lectura de varios textos dos autores e autoras aos que está dedicado o roteiro e Ramón explicounos o contexto histórico no que viviron e realizaron a parte da súa obra relacionada co noso Concello.
A andaina levounos por distintos percorridos que nos achegaron un pouco máis á nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural. Sen dúbida foi unha experiencia emocionante.
Moitas grazas, Ramón, por propoñernos esta actividade tan interesante.




venres, 2 de febreiro de 2024

DÍA DA PAZ: PRANTAMOS A PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a non Violencia. Prantamos a paz polo cese de todas as guerras.