O alumnado de terceiro e cuarto de primaria, iniciaron o mes de febreiro realizando o roteiro literario pola vila e arredores de Quiroga, acompañados polo director dos museos de Quiroga, Ramón Vila.
Para esta saída, preparamos a lectura de varios textos dos autores e autoras aos que está dedicado o roteiro e Ramón explicounos o contexto histórico no que viviron e realizaron a parte da súa obra relacionada co noso Concello.
A andaina levounos por distintos percorridos que nos achegaron un pouco máis á nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural. Sen dúbida foi unha experiencia emocionante.
Moitas grazas, Ramón, por propoñernos esta actividade tan interesante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario