Dentro do programa “Colexio do Benquerer” da fundación Meniños, continuamos coas actividades propostas. Nesta ocasión con “palabras doces, palabras amargas”. Partindo do texto “Las palabras de nuestra vida”, de Juan José Millás, o alumnado reflexionou sobre a responsabilidade afectiva. Cada alumno/a plasmou nun anaco de papel aquelas palabras amargas que escoitaron algunha vez e os marcaron por algún motivo. Despois, outro compañeiro/a transformou esas palabras en doces. O resultado foi exposto nun mural.
xoves, 6 de abril de 2023
mércores, 1 de febreiro de 2023
CHARLA PLAN DIRECTOR
Onte visitounos na biblioteca Héctor, psicólogo formador da garda civil, que impartiu dúas charlas (acoso escolar e igualdade) ao alumnado de quinto e sexto de primaria. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. Héctor soubo enganchar ao alumnado nas súas explicacións e mostráronse moi atentos e participativos. Moi necesarias este tipo de actividades.
luns, 28 de novembro de 2022
xoves, 13 de outubro de 2022
COLEXIO BENQUERER
O alumnado de 5º e 6º comenzaron o proxecto “Colexio Benquerer” da fundación Meniños. Nesta ocasión, a actividade foi “únicas como folerpas”, onde traballaron o coñecemento persoal e a aceptación. Cada un de nós é unha persoa única e especial, ao igual que as folerpas. Ao final, plasmaron nun mural todas as habilidades e aspectos positivos de cada un/unha.


















