xoves, 25 de abril de 2019

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE E SAUDE BUCODENTAL

O día 25 de abril estivo na biblioteca do colexio Esperanza Otero da Consellería de Sanidade acompañada de Iris, nutricionista, e Fátima, odontóloga, que impartiron unha charla sobre alimentación saúdable e saúde bucodental ao alumnado de quinto e sexto de primaria.




mércores, 24 de abril de 2019

CONTACONTOS: ELISA MANEIRO

Elisa Maneiro, doctora en intelixencia emocional, estivo onte, 23 de abril, Día Internacional do Libro, na biblioteca do colexio actuando para o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria.

https://photos.google.com/album/AF1QipMaKYUUyixSmgPvzl1E_uuywiLCfcK5Z6x6_geE


CONTACONTOS: SABELA GAGO NA BIBLIOTECA DO CEIP

A atriz e contacontos Sabela Gago fixo as delicias dos mais pequenos/as do colexio contándolles un conto que os deixou marabillados/as. Esta actividade foi dirixida ao alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de primaria e tivo lugar o día 12 de abril.
Fotos premendo no enlace:


23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO. A ÁRBORE DOS LIBROS


Para conmemorar o Día Internacional do Libro dende a biblioteca do CEIP propuxemos a elaboración dunha árbore dos libros, onde todo o alumnado do centro colgou a portada do seu libro favorito. Podedes ver o resultado premendo no enlace.



https://photos.google.com/album/AF1QipPhhkF8wgHjNavOyD_6Yo316U2U-QkRvK2u0Vj_

martes, 9 de abril de 2019

VISITA A RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES. VOLUNTARIADO - A

Hoxe os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria voluntarios da biblioteca visitaron a residencia de persoas maiores de Quiroga, onde leron contos e recitaron poesías compostas por eles as persoas maiores que ali residen. Ao finalizar todos xuntos cantaron cancións típicas galegas. Sen dúbida foi unha gran experiencia para ambos colectivos. Tamén convidamos aos residentes a visitar a nosa biblioteca e a asistir ao festival de fin de curso. Repetiremos a experiencia!

Podedes ver todas as fotos premendo no enlace:








APADRIÑAMENTOS LECTORES. VOLUNTARIADO - A

Os nenos e nenas de 6º de EP, durante este mes de abril dedicaron parte do seu tempo de lecer a apadriñar aos alumnos e alumnas de 1º de EP, contándolles contos na biblioteca escolar ou no patio de recreo cando o tempo o permitiu.  Foi unha experiencia moi bonita na que todos quedaron moi satisfeitos. Podedes ver todas as fotos premendo no enlace.


https://photos.app.goo.gl/cwvGJ44QRoMVLBEF7




luns, 8 de abril de 2019

OS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA VISITAN A ESCOLA INFANTIL

Os alumnos e alumnas voluntarios da biblioteca visitaron a Escola Infantil Galiña Azul, para contar contos aos nenos e nenas. Foi unha experiencia moi gratificante para uns e para outros. Moitas grazas as mestras da Escola Infantil pola súa colaboración.