luns, 28 de marzo de 2022

MURAIS INCLUSIÓN

 Xa vos podemos presentar o noso proxecto rematado. Trátase dunha serie de murais de temática inclusiva que decoran o noso patio de xogos. Foron debuxados por Germán González e na súa elaboración participaron todos os nenos e nenas do colexio estampando as súas mans! Os murais foron costeados cunha parte do premio de educación inclusiva que gañou o colexio.

Podedes ver todas as fotos premendo AQUÍ 








 

luns, 21 de marzo de 2022

DIA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down. Para conmemorar esta data, o alumnado e profesorado do CEIP de Quiroga tivo unha charla moi especial. A alumna de 6º, Ledicia, contoulles a todos quen é ela e que é o síndrome de Down. Despois, con Sara, a profe de PT, desmontamos os mitos que hai en torno do Síndrome de Down.
O alumnado de 6º de primaria participou na campaña da asociación Síndrome de Down "Gracias por tanto”








sábado, 12 de marzo de 2022

VISITA A MARGARIDE DE 5º DE EP

O día 12 de marzo foron os alumnos e alumnas de quinto de primaria os que se desplazaron a Margaride, donde foron recibidos por Pablo da Bodega EDV 2015, SLU. Unha vez mais Pablo fixo de encantador anfitrión do alumnado do CEIP e ensinoulles un montón de cousas relacionada coa viticultura e a elaboración do viño. Tamén visitaron as minas romanas de Margaride. Grazas de novo pola túa xenerosidade, Pablo!

Preme na imaxe para ver as fotos




venres, 11 de marzo de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA DOS ADEGUEIROS DA ADEGA EDV DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACRA

 

O día 8, martes, e hoxe, xoves,día 10, estiveron no colexio Pablo e Sandra da Bodega EDV 2015, SLU de Margaride falando cos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º o de primaria, dos produtos mais representativos do noso territorio, especialmente da viticultura e a elaboración do viño; pero tamén doutros produtos que nos caracterizan como o aceite e o mel. Sen esquecer os nosos recursos turísticos: o Xeoparque Montañas do Courel, a Ribeira Sacra e o Camiño de inverno.
Remataron a actividade plantando cos nenos e nenas dúas cepas de mencía.
Pablo e Sandra souberon transmitir o amor que eles senten polo seu traballo e a importancia que ten para o territorio a implicación dos nenos/as, xa que deles/as depende o noso futuro.
 Podedes ver as fotos da actividade premendo na imaxe

 

SEMANA DA PRENSA: AS MULLERES SON NOTICIA

 do 3 ao 11 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa. Como na mesma semna se conmemora o Día da Muller, decidimos unir ambas conmemoración e creamos un xornal con noticias sobre mulleres importante da nosa contorna e fóra dela.


martes, 8 de marzo de 2022

venres, 4 de marzo de 2022

MURAL DE ENTROIDO: MÁSCARAS DO ENTROIDO DA RIBEIRA SACRA

Seguimos co noso proxecto de "Quiroga na Ribeira Sacra". Nesta ocasión e xa que Quiroga non ten personaxes típicos do Entroido, traballamos aqueles personaxes típicos dos concellos da Ribeira Sacra que si teñen un personaxe característico. Así,fixemos un traballo colaborativo por ciclos e confeccionamos un mural con todas as máscaras realizadas. Quedaron moi ben!!







xoves, 3 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022. ENTROIDO NA RIBEIRA SACRA

Entroido no CEIP: Despois dunha semana de intriga pensando que pretendía o Meco cos seus mandados, hoxe por fin resolveuse o misterio. Todos e todas transformámonos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada.

Os volantes portan sobre a cabeza enormes gorros repletos de cintas entre as que varía una ampla gama de cores, aínda que tamén é común que sobre o “pucho” se coloquen bonecas ou frores.
Premer na imaxe para ver todas as fotos.