O día 8, martes, e hoxe, xoves,día 10, estiveron no colexio Pablo e Sandra da  Bodega EDV 2015, SLU de Margaride falando cos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º o de primaria, dos produtos mais  representativos do noso territorio, especialmente da viticultura e a elaboración do viño; pero tamén doutros  produtos que nos caracterizan como o aceite e o mel. Sen esquecer os nosos recursos turísticos: o Xeoparque  Montañas do Courel, a Ribeira Sacra e o Camiño  de inverno.
Remataron a actividade plantando cos nenos e nenas dúas cepas de mencía.
Pablo e Sandra souberon  transmitir  o amor que eles senten polo seu traballo e a importancia que ten para o territorio a implicación dos nenos/as,  xa que deles/as depende o noso futuro.
 Podedes ver as fotos da actividade premendo na imaxe
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario